Miranda remata a súa viaxe polo Brasil tras reforzar os lazos institucionais e impulsar a promoción do Xacobeo 2021

O secretario xeral da Emigración participa, na parte final da súa estadía en Río, nos actos de conmemoración do Día da Hispanidade no Club Español de Niterói. 

Asiste á reunión do CRE na busca de sinerxías para incrementar a colaboración entre as distintas asociacións no Brasil. 

  • Imaxe da celebración do Día da Hispanidade no Club Español de Niterói
    Imaxe da celebración do Día da Hispanidade no Club Español de Niterói
  • Imaxe da celebración do Día da Hispanidade no Club Español de Niterói
    Imaxe da celebración do Día da Hispanidade no Club Español de Niterói
  • Imaxe da celebración do Día da Hispanidade no Club Español de Niterói
    Imaxe da celebración do Día da Hispanidade no Club Español de Niterói
  • O secretario xeral da Emigración, na reunión do Consejo de Residentes Españoles – CRE
    O secretario xeral da Emigración, na reunión do Consejo de Residentes Españoles – CRE
Izado da bandeira e interpretación do himno galego no Club Español de Niterói
Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Xaneiro (Brasil), 21 de outubro de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de rematar a súa viaxe oficial ao Brasil –a onde chegou procedente de Cuba-. Unha visita que, enmarcada na celebración dos actos de celebración da Hispanidade no país suramericano, ten permitido impulsar a promoción do Xacobeo 2021 e reforzar os lazos institucionais e de cooperación coas distintas entidades que compoñen a colectividade no segundo país con maior presenza de galegas e galegos do mundo. 

Neste sentido, na parte final da súa estadía en Río de Xaneiro, Miranda participou nos actos do Día da Hispanidade no Club Español de Niterói, que vén de celebrar este ano o seu 55 aniversario, configurándose durante todo este tempo como “lugar de encontro dos emigrantes españois e os seus descendentes”. 

“Niteroi é un exemplo de galeguidade, e tamén un símbolo da unión dos nosos pobos. A seu intensa labor cultural e deportiva tradúcese en multitude de actividades que, cada ano, ofrecen á colectividade o mellor servizo posible”, subliñou o secretario xeral, quen puxo en valor, entre ditas actividades, a propia celebración do Día da Hispanidade como evento “que nos xunta unha vez máis en torno a todo aquilo que nos une”.

Así mesmo, e con motivo desta xornada, Rodríguez Miranda participou tamén no encontro do Consejo de Residentes Españoles – CRE, unha xuntanza que permitiu afondar na busca de sinerxías e solucións para incrementar a colaboración entre as distintas asociacións no Brasil. 

956 lecturas