VII Certame de poesía en lingua galega "Manuel María" da Casa de Galicia en Guipúscoa
A Casa de Galicia en Guipúscoa convoca o VIIº Certame de poesía en lingua galega "Manuel María".
Bases:
- O poema estará escrito en lingua galega e terá un máximo de noventa versos e un mínimo de corenta. Admitiranse conxuntos de poemas de temática común sempre que non excedan dos cen versos.
- O poema enviarase nun sobre sen remitente nin indicación algunha referente á personalidade do/a autor/a ao seguinte enderezo:
Casa de Galicia en Gipuzkoa
Rúa Zabaleta, 28 - baixo
20002 - San Sebastián (Gipuzkoa)
Dentro, noutro sobre pechado, figurará exteriormente o primeiro verso do poema e no interior do mesmo sobre constará o nome, enderezo, número do DNI, teléfono e enderezo electrónico do/a autor/a. Tamén haberá que adxuntar cumprimentada e asinada a folla de LOPD. - As obras que se presenten deberán ser inéditas e permitiranse un máximo de dúas obras por autor/a.
- Os poemas enviaranse por quintuplicado sen grampar nin encadernar antes do día 16 de outubro de 2019.
- A organización nomeará un xurado composto por persoeiros relevantes da creación e da crítica e daranse a coñecer no momento de facerse público o fallo do xurado.
- Os premios fallaranse o 9 de novembro de 2019. Os poemas premiados serán editados pola Casa de Galicia en Gipuzkoa na forma e no lugar que se estime axeitado.
- Os premios consistirán en:
1º premio: 400 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 100 euros - Os premios publicaranse na web da Casa de Galicia en Gipuzkoa unha vez realizado o fallo por parte do xurado. Sempre que sexa posible, emitirase en directo o fallo pola rede (Facebook ou Periscope da Casa).
- O feito de participar supón aceptar a resolución do xurado así como as bases do certame. O xurado poderá declarar deserto algún premio.
- A Casa de Galicia en Gipuzkoa resérvase os dereitos de publicar calquera dos traballos presentados ao concurso na forma ou no medio que estime axeitado.
- Non se devolverán os orixinais.
Bases completas: picar aquí para descargar
Máis info: http://casagaliciass.org | Facebook | Twitter
Evento:
Certame literario
Organiza:
Casa de Galicia en Guipúzcoa
Data:
16.10.2019
Hora:
0:00
Lugar:
Casa de Galicia en Gipuzkoa
Zabaleta, 28 - bajo
Donostia / San Sebastián - 20002Gipuzkoa España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: