Miranda salienta o “labor fundamental” das entidades do exterior para dar resposta á situación que atravesan os galegos e galegas en Venezuela

Miranda e Fajín, durante a reunión celebrada na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Miranda e Fajín, durante a reunión celebrada na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co presidente da Hermandad Gallega de Valencia, Manuel Fajín, a quen lle quixo agradecer o “labor fundamental” que levan a cabo as entidades galegas en Venezuela para dar resposta á difícil situación que atravesan as galegas e os galegos residentes no país suramericano. Neste sentido, Miranda salientou que o centro de Valencia leva case 40 anos achegando a esta cidade venezolana un “pedaciño de Galicia”. “As nosas entidades en Venezuela realizan un traballo importantísimo, e máis nestes momentos de incerteza”, subliñou o titular do departamento autonómico, quen lembrou que as e os galegos residentes no país constitúen unha das prioridades da Secretaría Xeral da Emigración, tanto pola situación que atravesa Venezuela como pola cantidade de cidadás e cidadáns galegos que acolle, que ascenden a 35.998. 

556 lecturas