Miranda destaca os ‘Encuentros Celtas en Punta Arenas’ como “exemplo da gran actividade cultural galega” no exterior

Imaxe da reunión desta mañá
Imaxe da reunión desta mañá
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro con Mario Pascual Prado, fillo e neto de galegos afincado en Chile, e creador e director dos “Encuentros Celtas en Punta Arenas, la Capital del Estrecho de Magallanes” (Chile), a quen animou a seguir impulsando unha iniciativa que é “exemplo da gran actividade cultural galega” no exterior. Neste sentido, Miranda invitou aos organizadores a continuar traballando nun festival que, nas súas catro primeiras edicións, tense convertido nun dos eventos culturais máis importantes de Magallanes, contando coa participación de destacados músicos galegos como Daniel Bellón e Diego Maceiras, Anxo Lorenzo e Xose Liz. “Esta é unha mostra máis do talento da nosa terra e da riqueza da comunidade galega, neste caso en Chile”, sinalou o secretario xeral, quen salientou tamén o labor de Pascual como creador da banda de gaitas Araxante.  

451 lecturas