A Secretaría Xeral da Emigración achega as e os participantes de Escolas Abertas o patrimonio da Ribeira Sacra, candidata a ser Patrimonio da Humanidade

  • As e os participantes nas Escolas Abertas 2019, na súa visita á Ribeira Sacra
    As e os participantes nas Escolas Abertas 2019, na súa visita á Ribeira Sacra
  • As e os participantes nas Escolas Abertas 2019, na súa visita á Ribeira Sacra
    As e os participantes nas Escolas Abertas 2019, na súa visita á Ribeira Sacra
Listen to this page using ReadSpeaker
Ribas de Sil (Ourense), 16 de xullo de 2019.

A Secretaría Xeral da Emigración achegou o patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra ás e aos 63 participantes nesta edición de Escolas Abertas, o programa do Goberno galego deseñado para actualizar os coñecementos das e dos docentes de disciplinas relacionadas coa cultura galega nas entidades galegas do exterior. Visitas ao Mosteiro de Santo Estevo e de San Pedro de Rocas, o castelo de Castro Caldelas e o mirador de Cabezoás, un paseo en catamarán polo Canón do Sil e unha aproximación á tradición enolóxica da zona a través das súas adegas e á súa riqueza paisaxística e de natureza formaron parte do programa de actividades do día. As beneficiarias e beneficiarios de Escolas Abertas, que están a recibir clases das súas respectivas especialidades na Residencia Docente de Ourense desde o pasado xoves, proceden da Arxentina, O Uruguai, Cuba, Venezuela, México, O Brasil, Chile e outras comunidades autónomas de España.

651 lecturas