Miranda intercambia experiencias de traballo e proxectos en materia de emigración cos responsables de Acción Exterior do Goberno do País Vasco

O secretario xeral da Emigración recibiu a María Ángeles Elorza Zubiria e a Gorka Álvarez Aranburu na sede do departamento autonómico da praza de Mazarelos.

De esquerda a dereita: o director para a Comunidade Vasca no Exterior, a secretaria xeral de Acción Exterior do País Vasco e o secretario xeral da Emigración, na reunión celebrada en Compostela
De esquerda a dereita: o director para a Comunidade Vasca no Exterior, a secretaria xeral de Acción Exterior do País Vasco e o secretario xeral da Emigración, na reunión celebrada en Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, intercambiou experiencias de traballo e proxectos en materia de emigración durante un encontro que mantivo coa secretaria xeral de Acción Exterior do País Vasco, María Ángeles Elorza Zubiria, e co titular da Dirección para la Comunidad Vasca en el Exterior, Gorka Álvarez Aranburu na sede do departamento, situada na praza de Mazarelos da capital compostelá.

Durante o encontro, os responsables das áreas de Emigración de ámbalas dúas comunidades autónomas puxeron en común os diferentes proxectos que teñen que en marcha en materia de reforzo de lazos da diáspora coa Galicia territorial, como Reencontros na Casa, Reencontros na Terra, Conecta con Galicia ou Escolas Abertas, deseñados pola Xunta de Galicia. 

442 lecturas