Exposición 'Galicia Imaxinada nas revistas da emigración', en Ares

Listen to this page using ReadSpeaker
503 lecturas

Do venres 23 ao venres 30 de agosto, no Casino Aresano da vila coruñesa, permanecerá exposta Galicia Imaxinada nas revistas da emigración, mostra que retrata a Galicia dos/as emigrantes: a real e a idealizada a través de vinte paneis que permiten visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe da Galicia no século XIX.

  • A exposición Galicia Imaxinada establece o seu discurso coa revisión de revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras. Unha mostra que, alén de reconstruír a Galicia dos/as emigrantes: símbolos, tradicións e tópicos, permite tamén acadar unha imaxe completa da cultura visual da época.

Datas da exposición: do 23.08.2019 ao 30.08.2019

Exposición 'Galicia Imaxinada nas revistas da emigración', en Ares
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Secretaria Xeral da Emigración
Data: 
23.08.2019
30.08.2019
Lugar:
Casino Aresano
Saavedra Meneses, 13
Ares - 15624A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: