Miranda pon a celebración do medio século de vida da Casa de Galicia en Santurce como exemplo de integración galega no resto de comunidades autónomas

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro co presidente da entidade galega, coa que colabora na organización das vodas de ouro, Pablo Álvarez García.

O programa inclúe espectáculos culturais e musicais e unha romaría vasco-galega, entre outros actos.

Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo como exemplo de integración das entidades galegas no resto de comunidades autónomas de España a celebración do medio século de vida que está a ultimar a Casa de Galicia de Santurtzi, na que colabora. O responsable do departamento autonómico mantivo un encontro co presidente deste centro galego, Pablo Álvarez García, a quen transmitiu persoalmente os seus parabéns coa encarga de que os trasladara a todas e todos os socios e galegas e galegos desta localidade de Biscaia. 

O programa da conmemoración das vodas de ouro da Casa de Galicia, que se celebrará o vindeiro día 6 en diferentes espazos públicos de Santurtzi e que se prolongará durante todo o día, inclúe, entre outras actividades, a inauguración dunha exposición sobre a revista da entidade, o espectáculo Galicia, un país de lenda, que terá lugar no Serantes Kultur Aretoa. Xa á tarde unha romaría vasco-galega encherá a rúa Gabriel Aresti, e dará paso a o concerto que ofrecerá De Ninghures no parque de Gernika. Esta mesma zona verde acollerá á noite o recital de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, a cita que porá fin á celebración dos primeiros cincuenta anos de vida da entidade galega.

Desde abril de 1969
A Casa de Galicia de Santurtzi, que conta con preto de 200 socias e socios, foi constituída o 4 de abril de 1969. Desde entón, a entidade organiza e leva a cabo actividades culturais, como a do Día das Letras Galegas, e de difusión das tradicións e gastronomía de Galicia.

790 lecturas