Escolas Abertas 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
3201 lecturas
Información e formularios de inscrición.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 5 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca o Programa de escolas abertas destinado a persoas directivas e responsables de impartir docencia nas entidades galegas e a persoas galegas residentes fóra de Galicia para o ano 2019 (PR923E, PR923H).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
18.03.2019
Estado: 
Procedemento pechado

Modalidades dos obradoiros

  • Gaita tradicional galega
  • Baile tradicional galego
  • Percusión tradicional galega
  • Canto popular e pandeireta
  • Confección de traxe tradicional galego
  • Formación de persoal directivo das entidades galegas do exterior

Destinatarios/as

Persoal directivo e docente das Entidades galegas

  • Poderán ser beneficiarias as persoas que sexan docentes nas entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade así como nas entidades recoñecidas pola normativa anterior á dita lei.
  • As persoas solicitantes deberán acompañar certificado de que as entidades nas que colaboran teñan constituídas escolas ou grupos consolidados da especialidade que soliciten, con actividade continuada, cando menos, nos dous últimos anos. Tamén no caso de que as entidades, non cumprindo o establecido no parágrafo anterior, tiveran grupos constituídos nos últimos dez anos e estean no seu proceso de recuperación.
  • Para solicitar o obradoiro de confección de traxe tradicional galego, a entidade galega deberá certificar ao/á solicitante que ten grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido como mínimo durante catro anos.
  • As persoas solicitantes deben ser maiores de 18 anos e menores de 65 e responsables de impartir a docencia na modalidade solicitada, dentro da entidade solicitante. Para o obradoiro de formación de persoal directivo a idade deberá estar comprendida entre os 21 e os 35 anos.
  • As persoas solicitantes non poderán ter participado no Programa Escolas Abertas máis de dúas veces nos últimos catro anos, en calquera modalidade. Se así fose quedarán excluídos/as.
  • Para a modalidade de formación de persoal directivo, poderán ser beneficiarias aquelas persoas que pertenzan ás xuntas directivas das entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade como Comunidades Galegas, Centros colaboradores ou Federacións de Entidades, as entidades deberán certificar a pertenza da persoa solicitante á xunta directiva durante cando menos un ano con anterioridade a presentación da solicitude e aquelas que colaborasen coa Secretaría Xeral da Emigración nun programa en materia de xuventude.
  • Para o taller de persoal directivo, de haber solicitudes admitidas suficientes, reservarase o 70 % das prazas para mulleres.

Persoas físicas que non exerzan docencia nas entidades galegas

  • Reservaranse un total de 4 prazas nos obradoiros de gaita, baile, percusión e canto popular e pandeireta, para a participación a nivel individual de aquelas persoas cidadás galegas e os/as seus/súas descendentes ata o segundo grado de consanguinidade, maiores de 18 anos e menores de 65, residentes fóra de Galicia, que acrediten ser responsables de impartir docencia na modalidade que soliciten, así como un nivel suficiente de coñecemento para participar neles, segundo os criterios de valoración establecidos na resolución.  

Documentación:

  1. Persoas físicas que exerzan docencia ou sexan persoal directivo das entidades galegas no exterior

    1.1.-  Para os talleres de gaita, baile, canto, percusión e confección de traxe tradicional:

    a) Solicitude segundo o modelo normalizado (Anexos I e II), no que deberán indicarse os obradoiros nos que se quere participar.
    b) Fotocopia do  DNI ou equivalente da persoa solicitante.
    c) Unha fotografía recente tamaño carné da persoa solicitante.
    d) Documentación identificativa da entidade que certifica.
    e) Ficha da entidade colaboradora segundo anexo II.
    f) Unha declaración do solicitante comprometéndose a investir os coñecementos adquiridos no seo da entidade, incluída no anexo I.
    g) Breve currículo do/a solicitante con especial referencia aos coñecementos, títulos, experiencia, etc. na materia obxecto do obradoiro.
    h) Para os obradoiros de gaita, baile, canto popular e pandeireta e percusión, unha gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...) que non exceda os 4 minutos. A gravación remitida deberá ser solista.
    i) Para os obradoiros de gaita, baile, canto popular e pandeireta e percusión, certificación da entidade que acredite o número de alumnos/as que compoñen a escola ou grupo de baile, gaita ou canto e percusión co que conta a entidade galega solicitante (Anexo IV). 
    j) No caso do obradoiro de confección de traxe tradicional galego, certificación da entidade na que acredite a experiencia en corte e confección de traxe tradicional galego e, no seu caso, copia do título de corte e confección.
    - A entidade galega deberá certificar que ten grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido como mínimo durante catro anos (Anexo III)

     1.2.- Para o obradoiro de formación de persoal directivo: 

    a) Certificación de que a persoa solicitante leva pertencendo á xunta directiva da entidade durante o ano anterior á data da convocatoria que figura como anexo II.
    b) Acta da entidade na que exerza as funcións directivas na que apareza o seu nomeamento como membro da xunta directiva.
    c) Acreditación de que colabora con la Secretaría Xeral da Emigración nalgún dos programas que esta xestione en materia de xuventude.
    d) A recollida nos apartados a), b), c) d) e f) do punto 1.1.

  2. Persoas físicas que non exerzan docencia nas entidades galegas no exterior 

Solicitude segundo  o modelo normalizado (Anexo V), na que deberá indicarse os obradoiros nos que se quere participar. 
a) Fotocopia do DNI ou equivalente. 
b) Documentación xustificativa que acredite a  súa condición de galego/a ou descendente de galego/a ata o segundo grao de consanguinidade.
c) Documentación que acredite a súa residencia fóra de Galicia: certificado de inscrición no Rexistro de matrícula consular ou outro documento oficial xustificativo que acredite a residencia continuada no exterior, no que conste a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular, de ser o caso.
d) Unha fotografía recente tamaño carné.
e) Documentación acreditativa de que a persoa solicitante imparte docencia na modalidade de obradoiro solicitado.
f) Breve currículo artístico da persoa aspirante: nivel de estudos musicais realizados, actuacións, número de alumnos/as aos que imparte clases, gravacións...
g) Unha gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...) que non exceda os 4 minutos. A gravación remitida deberá ser solista.

FORMULARIOS DE CUMPRIMENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Persoal directivo e/ou docente das entidades: Persoas físicas que non exerzan docencia nas entidades:
picar aquí para acceder á Sede electrónica picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

Documentación para descargar:

Lugar de presentación da documentación:

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Igualmente se poderán presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Buenos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade galega.
 
Os modelos normalizados de solicitude poderán obterse nas páxinas web https://sede.xunta.gal e http://emigracion.xunta.gal.

Información:

Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral da Emigración e das Comunidades Galegas
Servizo de Programas Socio-Asistenciais
Praza de Mazarelos, 15 – 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.gal
Tlfno:(+34) 981 54 58 82 / 981 95 73 53 
Fax: (+ 34) 981 54 72 95

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
22.04.2019