A Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha o Portal Retorna, que ofrecerá unha canle única de asesoramento ás e aos galegos do exterior de cara o seu regreso á comunidade

A directora de Amtega e o responsable de Emigración presentaron “unha ferramenta que hoxe é xa imprescindible” tanto para as galegas e os galegos que residen fóra e pensan en retornar como para os que xa o fixeron, segundo Miranda.

O novo sitio de Internet, enmarcado na web de GaliciaAberta, permite ás e aos galegos de todo o mundo acceder ás axudas e establecer unha canle directa coa Administración galega.

  • Miranda e Pereira presentaron “unha ferramenta que hoxe é xa imprescindible” tanto para as e os galegos que residen fóra e pensan en retornar como para os que xa o fixeron
    Miranda e Pereira presentaron “unha ferramenta que hoxe é xa imprescindible” tanto para as e os galegos que residen fóra e pensan en retornar como para os que xa o fixeron
  • Miranda e Pereira presentaron “unha ferramenta que hoxe é xa imprescindible” tanto para as e os galegos que residen fóra e pensan en retornar como para os que xa o fixeron
    Miranda e Pereira presentaron “unha ferramenta que hoxe é xa imprescindible” tanto para as e os galegos que residen fóra e pensan en retornar como para os que xa o fixeron
  • Miranda e Pereira presentaron “unha ferramenta que hoxe é xa imprescindible” tanto para as e os galegos que residen fóra e pensan en retornar como para os que xa o fixeron
    Miranda e Pereira presentaron “unha ferramenta que hoxe é xa imprescindible” tanto para as e os galegos que residen fóra e pensan en retornar como para os que xa o fixeron
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o dinamizador de GaliciaAberta, Javier Rodríguez Siaba, vén de presentar o Portal Retorna, enmarcado na web da Secretaría Xeral da Emigración, e que ofrece unha canle única tanto de información e asesoramento como de contacto coa Administración autonómica galega. O obxectivo desta iniciativa, que entrou en funcionamento esta mesma mañá, é servir de enlace directo entre o departamento do Goberno galego e os milleiros de galegos e galegas que residen no exterior e que están plantexándose o regreso á súa terra de orixe.

“O Portal Retorna xa non se trata só dun xeito máis de comunicación coa diáspora e os retornados, senón dunha ferramenta que hoxe é xa imprescindible para todos os galegos do exterior, tanto para aqueles que están pensando en volver a Galicia como para aqueles que xa tomaron esta decisión e se atopan xa na nosa comunidade”, sinalou Miranda. O responsable de Emigración lembrou que “son cada día máis os galegos que regresar á Galicia territorial desde todas as partes do mundo; algúns deles están familiarizados coa Administración e a sociedade galega, pero hai outros moitos que precisan dunha guía sobre como asentarse na súa terra de orixe. A finalidade deste sitio web é comezar o proceso de acompañamento a cada un deles desde o seu lugar de procedencia, estea no punto do planeta no que estea”, engadiu.

Unha Administración aberta e accesible
A directora da Amtega, pola súa banda, sinalou que a posta en marcha do portal Retorna enmárcase no actual proceso de transformación dixital da Administración pública para convertela nunha administración aberta e accesible as 24 horas os 365 días do ano e sen barreiras físicas ou temporais. Pereira incidiu en que non se trata só de incrementar os servizos dixitais senón tamén de facilitar o seu acceso e de aí a importancia de concentrar nunha mesma canle toda a información vinculada a un colectivo, neste caso á das e dos emigrantes.

A responsable autonómica destacou tamén que importancia deste colectivo neste proceso de dixitalización recóllese na futura lei de Administración dixital de Galicia, actualmente en tramitación e na que se recolle expresamente a obriga dos galegos e galegas ao acceso por medios electrónicos aos servizos públicos dixitais que lles sexan de aplicación.

Contacto directo e acceso á sede electrónica
O Portal Retorna permite ao usuario ou usuaria navegar por as máis de medio cento de medidas recollidas na Estratexia Retorna 2020 para obter a información que precise e acceder no mesmo proceso e cun só clic á solicitude das axudas que estean dispoñibles nese momento por vía telemática e se axusten ás súas necesidades a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. O formato dixital logra, ademais, eliminar as barreiras xeográficas e temporais que separan o Goberno galego da poboación do resto de países do mundo grazas a dúas ferramentas clave como son a caixa de correo de consultas e a solicitude de cita previa a través de Internet. Unha terceira canle de contacto coa Secretaría Xeral da Emigración é a telefónica, tamén dispoñible neste novo sitio web.

Esta iniciativa forma parte da futura Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retornado, que completará esta oferta informativa no futuro cunha sede física específica e un reforzo do persoal técnico cualificado en materia de retorno.

O retorno, unha tendencia ao alza
O incremento experimentado nos últimos anos nas cifras de retorno á comunidade superou o 21% en 2017 respecto a 2016, alcanzando as 6.202 persoas, e novamente no primeiro semestre de 2018, cando que rexistrou un aumento do 25 % respecto ao mesmo período do ano anterior. A comparativa das últimas cifras oficiais publicadas polo Instituto Nacional de Estadística (INE), 2017, e as de 2009, reflicten un crecemento do 90% nos derradeiros oito anos, o que apunta a unha clara tendencia ao alza do número de cidadás e cidadáns galegos que deciden volver á súa terra de orixe. Mentres, o número de galegas e galegos nacidos en Galicia que residen no exterior continúa a diminuír ano tras ano, especialmente entre a poboación en idade laboral, que se reduciu nun 31% na última década.

1796 lecturas