Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas para o ano 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
5193 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 27 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
14.02.2019
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto das Axudas:
A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas para o ano 2019. O obxecto é a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios/as:

  1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

    a) As persoas galegas e nacidas en Galicia. 
    b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.
    As persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

    Requisitos dos/as beneficiarios/as:
    •    Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.
    •    Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude.
    •    Estar empadroado/a e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
    •    Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar.
    Considerándose a estes efectos que son suficientes, cando a suma da media dos ingresos que perciba cada membro da unidade familiar, nos dous meses anteriores ao da presentación da solicitude, dividido entre o número de persoas que a integren, superen o importe do IPREM mensual (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) vixente na data da solicitude.
    •    Carecer de bens patrimoniais suficientes (bens mobles e/ou bens inmobles) na unidade familiar.
    Entenderase como bens mobles suficientes, cando o valor dos bens mobles de todas as persoas da unidade familiar, na data de presentación da solicitude, supere o límite de 12.000 € cando a unidade familiar estea formada por unha persoa, incrementado no seu caso en 2.000 € adicionais, por cada un dos restantes membros da unidade familiar.
    Entenderase como bens inmobles suficientes, cando a suma dos valores dos inmobles de todas as persoas que integran a unidade familiar, excluída a vivenda habitual, supere o límite de 50.000 €, na data de presentación da solicitude.

  2. Quedan excluídas destas axudas as persoas que resultaran beneficiarias en calquera das tres convocatorias inmediatamente anteriores a esta.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

 

Outra documentación para descargar:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
31.10.2019