Exposición 'Copy-Error", de Pablo Barreiro, en Lisboa

Listen to this page using ReadSpeaker
584 lecturas

O xoves 24 de xaneiro ás 19:00 h, na Galería Acervo - Arte Contemporânea de Lisboa, inaugúrase a mostra Copy / Error, do artista galego Pablo Barreiro (Meaño, Pontevedra, 1982).

  • Copy / Error presenta un conxunto de traballos desenvolvidos por Pablo Barreiro en dous momentos distintos (2015 e 2018) en Bassano del Grappa, Italia (residencia artística NUOVE).  
  • Neste corpo de traballo, a Pablo preocúpanlle especialmente os mecanismos de reprodución, en particular a forma en que a historia da arte occidental usou a copia como recurso, tanto pedagóxico como esteticamente influente: a sedución pola reprodución, o seu significado e a importancia que ten para a arte a apropiación, a cita e a repetición.
  • A través da repetición dunha imaxe / obxecto, e a procura de conflitos entre "orixinal" e "copia", a lectura (e significado) da imaxe orixinal reverteuse. E no momento en que  este novo obxecto se crea queda aberta, por definición, a posibilidade de "nova copia" e de nova reinterpretación.

Datas da exposición: do 24.01.2019 ao 15.03.2019

Máis info: www.acervo.com | Facebook | Twitter | Instagram 

Exposición 'Copy-Error", de Pablo Barreiro, en Lisboa
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Acervo - Arte Contemporânea
Data: 
24.01.2019
15.03.2019
Hora: 
19:00
Lugar:
Galería Acervo - Arte Contemporânea
Machadinho 1
Lisboa - 1200-705
Portugal
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: