Concerto da Real Filharmonía de Galicia "Os camiños de Castelao", na Cidade da Cultura de Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
398 lecturas

O xoves 17 de xaneiro ás 20:00 h, no Museo Centro Gaiás de Santiago de Compostela, dentro das actividades arredor da exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra, a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o recital Os camiños de Castelao, que se celebrará con posterioridade ao encontro con persoas refuxiadas en Galicia Exilio e refuxio. Dúas situacións na nosa sociedade contemporánea que tamén terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia.

  • Este recital da RFG leva por título Os camiños de Castelao e baséase nunha unha escolma de temas representativos dos diferentes países que marcaron a vida de Castelao, realizada ‘ex profeso’ polo director titular e artístico da formación, Paul Daniel. Deste xeito, e a través do repertorio escollido, os e as asistentes farán no Museo Gaiás un percorrido vital do periplo do artista galego desde Rusia, Cuba, os Estados Unidos de América e ata o exilio definitivo en Bos Aires, a través de pezas de E. W. Korngold, Stravinsky ou Piazzolla, entre outros compositores.
  • Esta actuación especial —para a que xa están as entradas á venda en Ataquilla.com e no Museo Centro Gaiás— inxírese dentro do programa de actividades coas que se está a dinamizar a exposición Castelao maxistral. A boa  obra ao mestre honra, que desde a súa inauguración, o pasado 5 de outubro, xa celebrou visitas-relatorio con especialistas na súa obra e figura —con todas as prazas cubertas— e un recital coa Coral Polifónica de Pontevedra, da que Castelao foi cantor, fundador (1925) e escenógrafo, traendo para a ocasión un pano ornamentando polo propio artista, que contadas ocasións sae do Museo de Pontevedra que o custodia.
  • Pór o foco no exilio para as actividades de xaneiro ten un vencello especial coa mostra, xa que A derradeira leición do mestre, homenaxe do artista de Rianxo ao seu amigo e intelectual asasinado, Alexandre Bóveda, foi pintado nestas circunstancias en Bos Aires en 1945. Castelao asentouse na capital da Arxentina, tras un periplo por diferentes países que son os que determinan o programa do concerto escollido persoalmente polo propio Paul Daniel.
  • Así, en 1938, o intelectual galego realizou unha viaxe á URSS e, máis tarde, aos Estados Unidos de América e tamén a Cuba. Durante a súa presenza na illa caribeña, Castelao participou activamente nas eleccións do Centro Galego da Habana. A derrota republicana condenouno ao exilio, asentándose en Nova York, primeiro, onde publicou o álbum Milicianos e, posterior e definitivamente, en Buenos Aires (A Arxentina), onde chegou a estrear a súa peza teatral Os vellos non deben namorase.
  • Paul Daniel, director
    Grigori Nedobora, violín
    James Dahlgren, concertino

Programa:

 I.

  • E. W. Korngold: Much Ado About Nothing, op. 11 (suite) 
  • M. Quiroga:
    Alborada (Orquestración Paul Daniel)
    Danza arxentina (Orquestración Paul Daniel) 
    Emigrantes celtas (Orquestración Paul Daniel)
    Himno
  • D. Milhaud: Le creation du monde, op. 81

II.

  • I. Stravinsky: Suite Pulcinella (rev 1949)
  • A. Piazzolla: Libertango tango

Entradas:

  • Ataquilla.com | Puntos físicos de Ataquilla | Teléfono 902 504 500
  • Descontos: Do 20% a estudantes, persoas socias do Club Gaiás, persoas xubiladas, persoas desempregadas e con carné Xove

Máis info: www.cidadedacultura.gal | Facebook | Twitter | Instagram

Concerto da Real Filharmonía de Galicia "Os camiños de Castelao", na Cidade da Cultura de Galicia
Evento: 
Concerto
Organiza: 
Fundación Cidade da Cultura de Galicia
Data: 
17.01.2019
Hora: 
20:00
Lugar:
Museo Centro Gaiás (Andar -1)
Monte Gaiás, s/n
Santiago de Compostela - 15707A Coruña
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: