'Dhogs', na 9ª edición do Galician Film Forum de Londres

Listen to this page using ReadSpeaker
772 lecturas

O venres 30 de novembro ás 19:00 h, no Edmond J. Safra Theatre do King's College de Londres, terá lugar a novena sesión do Galician Film Forum, na que se proxectará a longametraxe Dhogs, (2017), filme dirixido por Andrés Goteira.

  • Dhogs, (85'), foi galardoado con 13 premios Mestre Mateo 2018 da Academia Galega do Audiovisual, entre eles os de mellor filme, dirección, actor (Iván Marcos), actriz (Melania Cruz), actor secundario (Antonio Durán 'Morris'), actriz secundaria (María Costas) ou guión (Andrés Goteira)
  • O filme proxéctase na súa versión orixinal en galego, con subtítulos en inglés
  • Ao final da proxección haberá unha charla con membros do equipo que fixo a película

Entradas (de balde, pero é preciso reservar): www.eventbrite.co.uk

Máis info: galicianfilmforum.galFacebook | Twitter | YouTube

Nota: o Galician Film Forum é unha organización sen ánimo de lucro, e todas as súas proxeccións son de balde. Porén, conta cunha serie de gastos fixos que debe cubrir e agradece todas as doazóns que se fagan antes e despois da proxección.

'Dhogs', no Galician Film Forum de Londres
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Galician Film Forum - GFF
Data: 
30.11.2018
Hora: 
19:00
Lugar:
Edmond J. Safra Theatre - King's College London
Strand Campus
Londres - WC2R 2LSLondon
Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: