Miranda conclúe a rolda de encontros coa colectividade galega en Cuba, que percibirá axudas destinadas a paliar as necesidades máis urxentes de milleiros de familias

O secretario xeral da Emigración celebrou esta mañá a terceira xornada de reunións con galegas e galegos residentes na illa, que está a complementar con xuntanzas de planificación e balance con institucións e entidades.

  • Un dos obxectivos principais desta visita do secretario xeral da Emigración a Cuba era coñecer de primeira man a evolución da situación que viven as cidadás e os cidadáns galegos da capital 
    Un dos obxectivos principais desta visita do secretario xeral da Emigración a Cuba era coñecer de primeira man a evolución da situación que viven as cidadás e os cidadáns galegos da capital 

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de novembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, completou esta mañá a serie de encontros que mantivo desde a súa chegada a Cuba con membros da colectividade galega no país. Desde que aterrase no aeroporto internacional José Martí de La Habana, o responsable autonómico dedicou tres mañás das primeiras xornadas da súa viaxe a achegarse os galegos e galegas que residen na illa. Cumpre así o titular do departamento de Emigración cun dos obxectivos principais desta visita á república centroamericana, que se centraba en coñecer de primeira man a evolución da situación que viven as cidadás e os cidadáns galegos da capital. 

A axenda oficial de Miranda prevé, así mesmo, xuntanzas convocadas para os vindeiros días con representantes das diferentes provincias do país, ao igual que fixo co presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, Sergio Toledo, e do mesmo xeito que ten previsto celebrar coas e cos responsables das distintas agrupacións de emigrantes procedentes de Galicia e mailos seus e as súas descendentes que viven en La Habana.

Elevada porcentaxe
Garantir as necesidades máis urxentes das e dos galegos residentes en Cuba é unhas maiores preocupacións da Secretaría Xeral da Emigración, que só este ano concedeu axudas a milleiros de familias, o que permite cubrir as carencias máis graves dunha alta porcentaxe dos 42.116 galegos e galegas asentados no país centroamericano. Malia constituír un dos grupos de cidadás e cidadáns galegos residentes no exterior máis elevados do mundo, unicamente superado pola Arxentina e O Brasil, a proporción de galegas e galegos nados en Galicia na república cubana é unha das máis baixas de América, con só 420 emigrantes, menos do 10 % do total. As e os máis de 41.000 restantes son, así, os seus e as súas descendentes. 

757 lecturas