Miranda anima ás e aos empresarios galegos na República Dominicana a seguir a traballar na proxección de Galicia en Centroamérica

O secretario xeral da Emigración reuniuse con Eduardo Pahíno, quen, ademais de formar parte do Consejo de Residentes Españoles, é vicepresidente das empresarias e os empresarios galegos afincados no país.

Antonio Rodríguez Miranda e Eduardo Pahíno, durante a reunión no despacho do secretario xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Antonio Rodríguez Miranda e Eduardo Pahíno, durante a reunión no despacho do secretario xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou os empresarios galegos e galegas na República Dominicana a seguir a traballar na proxección internacional de Galicia a través dos diferentes sectores económicos nos que desenvolven o seu labor. O responsable autonómico mantivo un encontro co vicepresidente da Asociación de Empresarios Gallegos de la República Dominicana, Eduardo Pahíno, quen ademais é membro do Consejo de Residentes Españoles (CRE) no país centroamericano, para coñecer a situación da comunidade galega na zona.

Miranda aproveitou o encontro para afondar nas necesidades e avances que están a vivir as empresarias e os empresarios galegos nos distintos sectores industriais e económicos nos que desenvolven a súa actividade, e aplaudiu o forte compromiso que manteñen coa comunidade autónoma galega. O secretario xeral da Emigración trasladoulles o seu agradecemento polo importante labor de internacionalización da súa terra de orixe que levan a cabo, non  só no seu país de residencia, senón en todo Centroamérica.

Máis de 2.500 galegas e galegos na parte dominicana da illa 
Na República Dominicana residen actualmente 2.654 cidadás e cidadáns galegos, segundo o último dato oficial publicado polo Instituto Nacional de Estadística (INE), con data 1 de xaneiro de 2018. Do total de galegas e galegos que viven no país centroamericano a gran maioría, 2.215, é dicir, máis do 83 %, xa naceron alí, e só 439, o 16,54 %, o fixeron en Galicia.

635 lecturas