Miranda apoia o traballo que fai o empresariado galego do Uruguai en materia de formación e de proxección exterior de Galicia no país

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa presidenta da AEGU, Elvira Domínguez Alonso.

Miranda e Elvira Domínguez, durante a reunión celebrada no despacho do primeiro en Santiago de Compostela
Miranda e Elvira Domínguez, durante a reunión celebrada no despacho do primeiro en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, amosou a súa satisfacción polos resultados que está a dar a estreita colaboración que mantén o departamento que dirixe coa Asociación de Empresarios Galegos no Uruguai, AEGU. O responsable autonómico mantivo un encontro na sede da Secretaría coa presidenta da entidade, Elvira Domínguez Alonso. Durante a reunión, o representante do departamento do Goberno galego e a do empresariado galego no Uruguai fixeron balance das últimas actividades levadas a cabo pola agrupación coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración e falaron sobre as máis inminentes no futuro.

Conferencias, actividades formativas e outras iniciativas deseñadas para reforzar a proxección que a Comunidade Autónoma Galega ten fóra das nosas fronteiras veranse ampliadas nos vindeiros meses con eventos complementarios que está a ultimar a Asociación de Empresarios Galegos no Uruguai coa colaboración da Xunta de Galicia.

1010 lecturas