Miranda ofrece a súa colaboración en asesoramento e información á nova Asociación de Venezolanos en Lugo

O secretario xeral da Emigración recibiu á presidenta e á secretaria da recentemente constituída VeneLugo, que aglutina preto dun cento de persoas asociadas.

A provincia da muralla acolle máis de 660 venezolanas e venezolanos, dos que unha parte significativa son cidadás e cidadáns galegos .

  • O secretario xeral da Emigración recibiu á presidenta e á secretaria da recentemente constituída VeneLugo
    O secretario xeral da Emigración recibiu á presidenta e á secretaria da recentemente constituída VeneLugo
  • O secretario xeral da Emigración recibiu á presidenta e á secretaria da recentemente constituída VeneLugo
    O secretario xeral da Emigración recibiu á presidenta e á secretaria da recentemente constituída VeneLugo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de ofrecer o seu apoio ao labor que está a realizar a recentemente constituída Asociación de Venezolanos de Lugo, VeneLugo. O responsable autonómico recibiu na sede do departamento do Goberno galego á presidenta e á secretaria do colectivo, Karin Mago e Victoria García Vázquez, respectivamente, ás que amosou a súa disposición a colaborar coa agrupación dentro das súas competencias.  

A información e o asesoramento son dúas das áreas nas que a Secretaría xeral da Emigración pode prestar un maior respaldo a VeneLugo, que conta nestes intres con preto dun cento de persoas asociadas e vén de integrarse na Federación de Venezolanos de Galicia (Fevega), coa que o departamento que dirixe Miranda mantén un convenio desde hai dous anos. Este acordo, que conta cunha dotación económica de 35.000 euros anuais, permite á agrupación prestar de xeito gratuíto un servizo de orientación ás galegas e galegos retornados do país suramericano nas tres oficinas que mantén abertas en Vigo, Ourense e unha terceira itinerante.

As e os lucenses de Venezuela
Lugo é a cuarta provincia en número de cidadás e cidadáns galegos residentes en Venezuela, segundo os últimos datos publicados polo INE. A 1 de xaneiro de 2018 eran 3.862 as e os lucenses que vivían no país suramericano, que acubilla un total de 40.226. Delas e eles só 14.917 (un 37 %) naceron en Galicia, e 1.662, na provincia da muralla. Hoxe a rexión lucense conta con máis de 660 venezolanas e venezolanos afincados, dos que unha parte significativa son galegas ou galegos, tanto emigrantes como descendentes.

De aí a importancia de colaborar na difusión e procura de información e asesoramento acerca das axudas que, tanto a Secretaría Xeral da Emigración como o resto de departamentos da Xunta de Galicia, teñen a disposición de todas e todos aqueles galegos de primeira e posteriores xeracións que retornaron á súa terra de orixe ou que mesmo están pensando en facelo.

A todas e todos eles van dirixidas as 53 medidas incluídas na Estratexia Retorna 2020, aprobadas polo Consello da Xunta o pasado 12 de abril e que busca facilitar o regreso á comunidade autónoma ás e aos galegos que residen no estranxeiro. Dos 516.489 galegos e galegas que hai fóra das nosas fronteiras, arredor do 30% naceron en Galicia e o resto, xa no seu país de destino.

1134 lecturas