Arredor de 4.160 familias galegas poderán beneficiarse dunha nova convocatoria de axudas para o alugueiro dotada con 15M€

Feijóo indica que está supeditada ao efectivo financiamento destas por parte do Ministerio de Fomento.

Afirmou que se establecerán dúas modalidades de axuda, a primeira dirixida a toda a poboación con carácter xeral e a segunda dirixida especificamente aos mozos e mozas menores de 35 anos.

Salienta que segundo a situación da persoa solicitante a contía das axudas será de ata o 40% con carácter xeral e de ata o 50% no caso das e dos menores de 35 e maiores de 65 anos.

Feijóo sinalou que se establecerán dúas modalidades de axuda, a primeira dirixida a toda a poboación con carácter xeral e a segunda dirixida especificamente aos mozos e mozas menores de 35 anos
Feijóo sinalou que se establecerán dúas modalidades de axuda, a primeira dirixida a toda a poboación con carácter xeral e a segunda dirixida especificamente aos mozos e mozas menores de 35 anos
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2018.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou este xoves durante a rolda de prensa de Consello da aprobación da convocatoria de axudas para contribuír a financiar parte dos gastos de alugueiro do domicilio habitual e permanente de 4.160 familias.

Serán preto de 15M€, cofinanciados entre a Xunta e o Ministerio de Fomento, en dúas modalidades de axuda, a primeira dirixida a toda á poboación con carácter xeral e a segunda dirixida especificamente aos mozos e mozas menores de 35 anos. En ambos casos poderanse recibir as axudas con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro e por un período máximo de tres anos.

A este respecto, Feijóo explicou que para acceder as ditas axudas as e os solicitantes deberán acreditar que os ingresos das persoas que conforman a unidade familiar están comprendidos entre os 375€ e os 1.342€ mensuais. No caso das familias numerosas ou persoas con determinadas discapacidades o límite máximo de ingresos será catro veces superior, de 2.148,45€ mensuais. Mentres que o límite máximo de ingresos será de 2.685€ para as familias numerosas de categoría especial ou persoas con maior grao de discapacidade.

Así mesmo, no que se refire a contía das axudas segundo a situación da persoa solicitante, estas serán de ata o 40% con carácter xeral e de ata o 50% no caso das e dos menores de 35 e maiores de 65 anos. E, no que se refire ao lugar da vivenda en alugamento, o máximo será de 500€ no caso de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra; 400€ nas restantes cidades e nas vilas medias; e 300€ no resto de Concellos.

Isto supón, subliñou, un incremento notable respecto ao anterior período, do 87%, que se verá reforzado tamén nas convocatorias dos dous próximos anos para as que se prevé elevar o investimento para estas axudas aos 24,3M€ entre 2018 e 2021.

Finalmente, o presidente da Xunta precisou ademais que a concesión destas axudas está supeditada ao efectivo financiamento destas por parte do Ministerio de Fomento, xa que forman parte do Plan de vivenda 2018-2021 que foi pactado co anterior Goberno do Estado. Galicia recibiría así un 60% máis de investimento estatal en vivenda que entre 2013 e 2017, incidiu.

1517 lecturas