Listaxes de persoas seleccionadas para a participación no programa "Escolas Abertas", ano 2018
Publicación das listaxes de solicitantes seleccionados/as do programa de axudas para a participación no programa "Escolas Abertas", (Resolución do 1 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 50 do 12-03-2018).
De acordo co disposto no artigo 10 da convocatoria publícase a relación definitiva de persoas seleccionadas para a participación no programa de Escolas Abertas 2018 por modalidades.
As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da relación de beneficiarios/as, de acordo con disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación de beneficiarios/as, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
ESCOLAS ABERTAS 2018 - SELECCIONADOS/AS | |
---|---|
Modalidade | Listado |
Baile tradicional galego | Descargar |
Canto e pandeireta | Descargar |
Gaita tradicional galega | Descargar |
Percusión tradicional galega | Descargar |
Formación de persoal directivo | Descargar |
Confección de traxe tradicional galego | Descargar |
Nota 1: as listaxes de persoas seleccionadas para a participación no Programa de Escolas Abertas 2018 foron actualizadas o día 22/06/2018 tras a recepción de emendas de documentación requirida enviadas en prazo por algunha das persoas solicitantes.
Nota 2: os cursos desenvolveranse no CRD de Ourense, dos días 11 a 24 de xullo.