Miranda lembra en Pamplona que a nosa lingua é patrimonio e responsabilidade de todos os galegos e as galegas do mundo

O secretario xeral da Emigración recibiu a insignia do Lar Gallego que impón a entidade da capital navarra.

Nas dúas convocatorias anteriores concedéronse axudas para a contratación de máis de 300 menores de 35 anos -preto da metade con carácter indefinido-, dos que catro de cada dez foron mulleres.

  • O secretario xeral da Emigración recibiu a insignia do Lar Gallego que impón a entidade galega da capital navarra
    O secretario xeral da Emigración recibiu a insignia do Lar Gallego que impón a entidade galega da capital navarra
  • O secretario xeral da Emigración recibiu a insignia do Lar Gallego que impón a entidade galega da capital navarra
    O secretario xeral da Emigración recibiu a insignia do Lar Gallego que impón a entidade galega da capital navarra
  • A programación do Día das Letras Galegas en Pamplona estendeuse do venres ata o domingo
    A programación do Día das Letras Galegas en Pamplona estendeuse do venres ata o domingo
  • O grupo folclórico Os Fillos de Breogán, pertencente ao Lar Galego de Pamplona, pechou o programa do Día das Letras Galegas
    O grupo folclórico Os Fillos de Breogán, pertencente ao Lar Galego de Pamplona, pechou o programa do Día das Letras Galegas
  • O secretario xeral da Emigración recibiu a insignia do Lar Gallego que impón a entidade galega da capital navarra
    O secretario xeral da Emigración recibiu a insignia do Lar Gallego que impón a entidade galega da capital navarra
  • Imaxe da actuación do cantautor ourensán Emilio Rúa
    Imaxe da actuación do cantautor ourensán Emilio Rúa
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lembrou onte desde Pamplona que o galego é responsabilidade e dereito de todos os galegos e as galegas do mundo. O representante autonómico asistiu á celebración que o Lar Gallego de Pamplona levou a cabo co gallo do Día das Letras Galegas, unha das datas máis sinaladas para todas as entidades galegas que se atopan fóra da comunidade autónoma.

O programa deseñado polo Lar Gallego de Pamplona comezou o venres coa inauguración da exposición de fotografía “Os Caminos de Santiago  en Galicia: portugués, inglés, Santiago a Fisterra y francés”, de José Luis Sánchez, autor das instantáneas e bibliotecario da entidade navarra. O evento cultural continuou onte coa conferencia sobre María Victoria Moreno Márquez, a homenaxeada neste Día das Letras Galegas, que impartiu a escritora tradutora, crítica literaria, animadora cultural e editora de Castroverde Ánxela Gracián. A charla estivo amenizada pola actuación do cantautor ourensán Emilio Rúa, quen ofreceu algúns temas cantados en galego.

Recoñecemento ao labor institucional
Tralo relatorio, a presidenta do Lar Gallego de Pamplona, María Jesús Rodríguez García, impúxolle a insignia da entidade ao secretario xeral da Emigración en recoñecemento á súa colaboración constante coa entidade. “A nosa lingua, o noso idioma, é o máis prezado dos tesouros que nos deu Galicia. E fíxoo cunha soa condición, que a coidásemos. Por iso, desde aquí eu vos dou os meus parabéns por esta celebración, por esta xuntanza chea de galego, e de galegos. E, sobre todo, chea de moito orgullo e agarimo”, sinalou.

O grupo folclórico Os Fillos de Breogán, pertencente ao centro galego de Pamplona, pechou o programa do Día das Letras Galegas, que continúa hoxe coa actuación da banda do Hogar Extremeño de Pamplona, Raíces y Brotes, e un xantar de confraternidade. 

1523 lecturas