Miranda invita aos beneficiarios e beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior a facer de Galicia a súa aposta de futuro

A Secretaría Xeral da Emigración celebra na Universidade de Santiago a primeira das tres xornadas BEME Emprego de orientación laboral para as e os cen bolseiras e bolseiros galegos retornados.

A segunda iniciativa terá lugar o día 19 na Universidade de Vigo e a terceira, o día 20 na da Coruña.

  • O Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC acolleu a primeira destas xornadas, que tamén se celebrarán nas universidades de Vigo e A Coruña
    O Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC acolleu a primeira destas xornadas, que tamén se celebrarán nas universidades de Vigo e A Coruña
  • O Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC acolleu a primeira destas xornadas, que tamén se celebrarán nas universidades de Vigo e A Coruña
    O Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC acolleu a primeira destas xornadas, que tamén se celebrarán nas universidades de Vigo e A Coruña
  • O Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC acolleu a primeira destas xornadas, que tamén se celebrarán nas universidades de Vigo e A Coruña
    O Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC acolleu a primeira destas xornadas, que tamén se celebrarán nas universidades de Vigo e A Coruña
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2018.

Ofrecer información sobre o mercado laboral en Galicia, comparado con outros ámbitos e asesoramento no acceso ao emprego son os dous obxectivos principais das Xornadas BEME Emprego para a mocidade galega retornada, que inaugurou esta mañá o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, en Santiago. A universidade santiaguesa foi a primeira das tres en acoller esta iniciativa, que se trasladará o vindeiro día 19 á universidade de Vigo e o 20 á da Coruña.

O salón de actos da Facultade de Filosofía congregou ás e aos beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que están a cursar algún dos mestrados ofertados na primeira convocatoria deste programa da Xunta de Galicia na USC. O responsable autonómico aproveitou a inauguración destas xornadas para invitar ás bolseiras e aos bolseiros galegos retornados do exterior, tanto aos nacidos e nacidas en Galicia como ás e aos descendentes de emigrantes que xa naceron nos seus países de destino, a facer de Galicia a súa “aposta de futuro”.

“Galicia cre en vós, igual que os países de destino dos vosos pais, avós e de vós mesmos, se marchastes nalgún momento para regresar, creu neles. A experiencia que traedes convosco é un valor en alza para moitas empresas que, cada vez máis, valoran tanto a aportación curricular dos seus traballadores como os valores que non figuran escritos en ningures. E a vós, que xa contades cunha excelencia plasmada en título, é difícil gañarvos en valentía e o que hoxe chaman know-how, que é precisamente o que representades”, salientou o secretario xeral da Emigración durante o acto.

Prácticas dinámicas para futuras entrevistas
As xornadas BEME Emprego engloban accións centradas na formación das e dos participantes co fin de que coñezan que está a ofertar o mercado é o que o mercado oferta na realidade. Ademais, as accións son prácticas dinámicas para que as bolseiras e bolseiros estean preparados e capacitados á hora de asistir a un proceso de selección. O obxectivo derradeiro que persegue a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coas tres universidades galegas é fomentar Galicia como un destino profesional de calidade captador de talento.

Conferencias e obradoiros
As actividades formativas realízanse en dous formatos, como conferencias e como obradoiros. No primeiro impartiranse conferencias de motivación da mocidade nas que se exporá como desmitificar o mercado laboral, eliminar as barreiras e alcanzar o éxito profesional, así como as de branding persoal. Nestas as e os participantes deben coñecer que información transmiten aos empregadores e ao mercado, pois non soamente envían un CV. Deberán saber utilizar a información de maneira óptima na súa busca de emprego.

Aquelas que se levan a cabo con formato de obradoiro buscan mellorar as aptitudes e actitudes das e dos participantes na realización de probas de acceso ao emprego e orientalos sobre como acudir aos procesos selectivos. Trátase de coñecer mediante exercicios prácticos como un ou unha debe presentarse a unha entrevista ou como conseguir superar unha dinámica de grupo. Por último, abordaranse as chaves da contratación para axudarlles a descubrir a realidade do que o mercado oferta e demanda de maneira obxectiva e persoalizada dependendo da formación e dos intereses das e dos participantes.

1089 lecturas