Miranda examina a actualidade da colectividade galega residente en Uruguai co presidente da Federación de Institucións Españolas

O secretario xeral da Emigración mantivo unha xuntanza con quen tamén foi o máximo responsable do Centro Galego de Montevideo Jorge Torres Cantalapiedra.

Na imaxe, Torres e Miranda, durante a reunión celebrada no despacho deste último en Santiago de Compostela
Na imaxe, Torres e Miranda, durante a reunión celebrada no despacho deste último en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, examinou a actualidade dos galegos e galegas residentes en Uruguai co presidente da Federación de Institucións Españolas, Jorge Torres Cantalapiedra, quen, ademais, ostentou durante moitos anos a máxima representación do Centro Galego de Montevideo.

O responsable autonómico recibiu información de primeira man sobre as diferentes asociacións de españois e españolas residentes no país rioplatense integradas na federación, que aglutina aos socios e socias de todas as comunidades autónomas españolas.

O cuarto país con máis poboación galega do exterior
Malia o seu tamaño, Uruguai é o cuarto país con maior volume de cidadás e cidadáns galegos residente no exterior do mundo. Un total de 41.111 galegas e galegos viven en territorio uruguaio, segundo os datos do INE a data 1 de xaneiro de 2017, o que o convirte nun dos principais destinatarios dos programas que a Secretaría Xeral da Emigración deseña especificamente dirixidos ás e aos emigrantes galegos.

829 lecturas