Miranda estuda novos ámbitos de colaboración coa Federación de Sociedades Galegas de Uruguai de cara ao seu aniversario

O secretario xeral da Emigración reuniuse co representante da agrupación en Galicia, que en 2018 cumprirá 25 anos de vida. 

Este compromiso coa colectividade galega no país austral prestará especial atención ao ensino a través da doazón de material escolar e deportivo á Escuela Galicia de Montevideo. 

Novoa e Miranda, durante a xuntanza celebrada en Santiago de Compostela
Novoa e Miranda, durante a xuntanza celebrada en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse na sede do departamento autonómico co representante da Federación de Sociedades Galegas de Uruguai en Galicia, Gumersindo Novoa Rodríguez, para establecer os diferentes ámbitos que abrangue a colaboración entre ambas entidades. O obxectivo da xuntanza foi dar continuidade e ampliar esta relación de cara á celebración o vindeiro ano do 25 aniversario da fundación da agrupación uruguaia.

O compromiso do Goberno galego coa colectividade asentada en Uruguai pasa no seu 25 aniversario, ademais, dun xeito ineludible pola educación. Recoñecer e contribuír ao labor que está a realizar desde hai anos a Escuela Galicia de Montevideo é unha parte fundamental deste propósito, que en 2018 tomará forma de doazón de material escolar e deportivo a un centro que, lembrou Rodríguez Miranda, “dado que leva a o nome de Galicia, queremos que todos os nenos que alí estuden coñezan Galicia”. Por iso, engadiu o secretario xeral da Emigración, “as entidades que defenden Galicia desde o país austral son un instrumento fundamental para conseguir isto”.

649 lecturas