Listado de candidatos ordenado por puntuación no programa de 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior' 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
2969 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 14.4 da Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 100 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de Máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega, procédese á publicación da:

 

Lista de candidatos ordenada polas puntuacións outorgadas
Descargar

 

Nos casos de empate na puntuación obtida, segundo o establecido na convocatoria, duese prioridade a quen tivera unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior antigüidade na data de obtención do título e en terceiro lugar a maior idade da persoa solicitante.

 

Xustificante de estar matriculado nun máster

Os candidatos deben presentar antes do día 12 de agosto 2017 (o prazo finaliza o día 11 de agosto de 2017 ás 24:00 horas horario de España) o xustificante de estar matriculado nun master dos ofertados na convocatoria e envialo a través da aplicación informática.

As 100 becas outorgaranse aos candidatos que teñan a maior puntuación e que xustifiquen estar matriculados nun master dos ofertados na convocatoria.

Data de publicación: 
13.07.2017
Data fin de prazo: 
11.08.2017