Miranda asiste ao gran día de celebración conxunta das galegas e galegos residentes en Andalucía, Ceuta e Estremadura

“A excelente imaxe da que goza Galicia no sur de España é produto directo dunha relación fundamentada no respecto mutuo”, afirma o secretario xeral da Emigración.

  • Imaxe da recepción na Casa do Concello de El Puerto de Santa María
    Imaxe da recepción na Casa do Concello de El Puerto de Santa María
  • Nesta VII Xuntanza participan a Casa de Galicia del Puerto de Santa María, o Lar Gallego de Sevilla, a Casa de Galicia en Huelva, a Casa de Galicia en Córdoba, o Centro Galego de Málaga, o Centro Galego de Ceuta e a Casa de Galicia en Badaxoz
    Nesta VII Xuntanza participan a Casa de Galicia del Puerto de Santa María, o Lar Gallego de Sevilla, a Casa de Galicia en Huelva, a Casa de Galicia en Córdoba, o Centro Galego de Málaga, o Centro Galego de Ceuta e a Casa de Galicia en Badaxoz

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e mailo alcalde de El Puerto de Santa María, David de la Encina, presiden hoxe a celebración da VIII Xuntanza de Centros Galegos en Andalucía, Ceuta e Estremadura, que ten lugar nesa localidade gaditana, e na que se agarda que participen centenares de galegos e galegas residentes en todo o sur de España, así como a veciñanza xeral da zona.

“A unidade de acción que amosan -e polo tanto a capacidade de multiplicar o resultado do importante esforzo que realizan- as e os galegos de Andalucía contrarresta a distancia xeográfica, climática, e por veces cultural, que os afasta de Galicia. A Galeguidade en Andalucía está viva, dinámica, e eficazmente incardinada na sociedade de recepción: unha demostración máis de cómo as comunidades galegas, sen renunciar ás súas raíces, son quen de adaptarse á nova cultura e estilo de vida do lugar no que residen”, afirma o secretario xeral.

De feito, e segundo destaca Rodríguez Miranda, “a excelente imaxe da que goza Galicia no Sur de España é produto directo de décadas de relación entre galegos e andaluces, entre andaluces e galegos que, malia as posibles diferenzas culturais, somos integrantes dunha mesma nación, e fundamentamos esa relación no profundo respecto e agarimo mutuos”.

Recepción no Concello
O acto máis relevante da xornada será a recepción oficial na Casa do Concello aos presidentes e directivas e directivos das entidades que conforman a Federación de Centros Galegos en Andalucía, Ceuta e Estremadura, presidida por Raimundo Otero. Durante o decurso da mesma, farase entrega, por parte da corporación municipal, dunha placa conmemorativa á Casa de Galicia del Puerto de Santa María, que preside Manuel Díaz Otero.

Ademais desta entidade, pertencen á Federación o Lar Gallego de Sevilla, a Casa de Galicia en Huelva, a Casa de Galicia en Córdoba, o Centro Galego de Málaga, o Centro Galego de Ceuta, e a Casa de Galicia en Badaxoz, cuxos presidentes están tamén presentes nesta VIII Xuntanza.

Ademais da entrega da placa conmemorativa, desenvolveranse múltiplas actividades festivas e culturais ao longo da xornada. Así, toda a cidade envolverase dunha atmosfera musical galega mercé á actuación de gaiteiros en diversos enclaves relevantes da localidade -como a céntrica Praza do Castillo ou o Paseo Marítimo de Valdelagrana- e do coro do Lar sevillano.

Ademais, inaugurarase unha exposición de encaixes e palillos, manualidades realizadas nos obradoiros da Casa de Galicia anfitrioa da celebración, que espertan sempre unha importante expectación alí onde se exhiben, pola súa singularidade artística e etnolóxica. Finalmente, cómpre apuntar que haberá tamén durante a xornada, para as e os asistentes que o desexen, visitas guiadas a zonas de interese turístico e enolóxico da contorna.

Galegas e galegos no Sur
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2017, residen en Andalucía un total de 21.892 galegas e galegos, dos cales 6.798 (o 31’05 por cento do total) fano precisamente na provincia de Cádiz. Ademais, 398 paisanas e paisanos residen na Cidade Autónoma de Ceuta, e 2.074 en Estremadura. Estas cifras non reflicten as segundas xeracións, nadas xa na diáspora, que manteñen, renovan e perpetúan o sentimento de pertenza á Galeguidade universal.

1391 lecturas