O Centro Galego de Tenerife ofreceu a súa tradicional cea benéfica de Nadal para persoas sen recursos
A entidade galega da capital chicharreira vén organizando este acto benéfico dende 1999.
- A entidade galega da capital chicharreira vén organizando este acto benéfico dende 1999
- A cea, á que asistiron unhas 90 persoas, foi amenizada coa actuación do Grupo de gaitas do Centro Galego desta cidade canaria
- Tamén se entregaron alimentos non perecedoiros e xoguetes para os nenos e nenas que acudiron
- O menú foi elaborado e servido por socios e socias e simpatizantes
- A entidade galega da capital chicharreira vén organizando este acto benéfico dende 1999
- A entidade galega da capital chicharreira vén organizando este acto benéfico dende 1999
- A entidade galega da capital chicharreira vén organizando este acto benéfico dende 1999
- A cea, á que asistiron unhas 90 persoas, foi amenizada coa actuación do Grupo de gaitas do Centro Galego
O pasado sábado, 10 de decembro, o Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife ofreceu a súa tradicional cea benéfica de Nadal a persoas sen recursos da capital tinerfeña nas instalacións da súa sede social, un compromiso solidario que a entidade galega vén organizando dende 1999.
O menú, que consistiu en rancho canario e paella, foi elaborado e servido por socios e socias e simpatizantes. A cea, á que asistiron unhas 90 persoas, foi amenizada coa actuación do Grupo de gaitas do Centro Galego. Ao remate da mesma, entregáronse ás e aos asistentes bolsas con alimentos non perecedoiros así como xoguetes para os nenos e nenas que acudiron.
Fonte e fotos: Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife
Novas relacionadas