Consulado itinerante da República Arxentina en Lugo

Listen to this page using ReadSpeaker
854 lecturas

O xoves 1 de decembro, na sede da Asociación de Rioplatenses de Lugo na capital lucense, desenvolverase un consulado itinerante da República Arxentina.

Solicitude de cita: ata o luns 28 de novembro ás 12,00 h.:

  1.  Remitindo correo electrónico a itinerancias_cvigo@mrecic.gov.ar cos seguintes datos:
    -Asunto: "Itinerancia Lugo"
    -Datos: Nome completo, trámite a realizar, correo-e e número de teléfono de contacto
  2. No caso de non ter acceso a correo-e poderá chamar aos teléfonos 986 435822/ 5199 en horario de 9,00 a 14,00 h. de luns a venres

Xestións:

  • Trámite de Pasaporte e DNI
  • Entrega de documentación tramitada en Vigo: DNI e Pasaporte
  • Trámites ANSES: Certificación de firma en carta poder e demais formularios que requiran a firma do/a pensionado/a
  • Certificado de Antecedentes Penais: toma de pegadas e presentación de documentación

Información adicional:

  • A documentación (DNI e/ou Pasaporte) entregarase aos/ás seus/súas titulares presentando o resgardo do trámite
  • Lémbrase que os trámites realizados deberán completarse na sede consular e enviaranse posteriormente por correo privado a cargo dos/as interesados/as

Máis info: www.cvigo.mrecic.gov.ar

Consulado itinerante da República Arxentina en Lugo
Evento: 
Outros
Organiza: 
Consulado General de la República Argentina en Vigo
Data: 
01.12.2016
Lugar:
Asociación de Rioplatenses de Lugo - Casa das Asociacións de entidade social 'Poeta María Mariño'
Monte Faro, 2
Lugo - 27297Lugo
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: