A Casa de Galicia de Córdoba, exemplo de integración e achega cultural na sociedade de recepción, presentou a Miranda o seu balance de actividades

O secretario xeral da Emigración comprometeu o apoio do seu departamento á continuidade do Premio Literario ‘Rosalía de Castro’, unha das actividades do centro con maior transcendencia social en toda Andalucía. 

  • Rodríguez Miranda e García Cano, na xuntanza mantida no despacho do primeiro en Santiago de Compostela
    Rodríguez Miranda e García Cano, na xuntanza mantida no despacho do primeiro en Santiago de Compostela
  • Antonio Rodríguez Miranda (no centro) e Maribel García Cano (á dereita na foto), na xuntanza mantida nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
    Antonio Rodríguez Miranda (no centro) e Maribel García Cano (á dereita na foto), na xuntanza mantida nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho en Santiago á directiva da Galicia de Córdoba, Maribel García Cano, quen expuxo a actividade desenvolvida pola súa entidade nos últimos meses, nos que ten consolidado e reforzado a presenza da comunidade galega na cidade.

Miranda comprometeu o apoio do seu departamento para a continuidade do premio literario Rosalía de Castro, que organiza o Centro Galego de Córdoba, e que ten acadado unha importante sona dentro e fóra da cidade polo importante número de obras, e a calidade das mesmas, que se presentan cada ano.

“Córdoba é un expoñente exemplar do mantemento das ligazóns entre os galegos da diáspora, e entre as segundas xeracións e a terra dos seus pais, e tamén un baluarte de traballo por parte dos galegos e galegas que alí nos representan. Ademais, o Premio Rosalía de Castro é un símbolo de como a Galeguidade se insire e engrandece a cultura local”, en palabras do secretario xeral da Emigración.

Con 30 anos de historia, a Casa de Galicia en Córdoba mantén unha frutífera colaboración coas administracións locais para a realización de actividades culturais. É un dos centros máis activos neste eido, xa que, ademais das constantes e permanentes actividades, convoca diversos premios que teñen adquirido un gran prestixio na sociedade andaluza.

826 lecturas