A Xunta agradece aos emigrantes galegos e galegas en México a transmisión do sentimento de galeguidade ás segundas xeracións, xa nadas na diáspora

O vicepresidente e o secretario xeral da Emigracións participaron na ‘Jira Campestre’ coa que a comunidade galega en México celebra o Primeiro de Maio. 

Alfonso Rueda gabou a influenza acadada pola colectividade galega na cidade máis poboada de América, e confía no aumento da presenza de Galicia no futuro grazas á mocidade galega criada no país azteca. 

  • Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda participaron hoxe na 'Jira campestre' coa comunidade galega en México
    Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda participaron hoxe na 'Jira campestre' coa comunidade galega en México

Listen to this page using ReadSpeaker
México D.F., 1 de maio de 2016.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron hoxe na ‘Jira Campestre’ coa que a comunidade galega en México celebra o Primeiro de Maio. Trátase dun evento, organizado polo Centro Galego da capital azteca, no que participan cada ano máis de 4.000 persoas, configurándose como unha das grandes citas anuais da galeguidade universal.

No encontro cos e coas emigrantes galegos e galegas Alfonso Rueda e Rodriguez Miranda tiveron oportunidade de transmitirlles o afecto e admiración dos cidadáns e cidadás da Galicia territorial cara a diáspora en México, unha comunidade moi activa e con importante influenza nos ámbitos cultural, social, económico, académico e mesmo político.

Rueda subliñou no encontro “o exemplo de integración e participación activa e decidida no desenvolvemento da sociedade de recepción que supón a comunidade galega en México”, e tamén “a capacidade dos emigrantes galegos de transmitir o cariño e sentido de pertenza e unión coa Galeguidade universal ás segundas xeracións de galegos, xa nados na diáspora”.

Rodríguez Miranda salientou nesta nova viaxe a México que “unha das bazas fundamentais de futuro para Galicia é a presenza de importantes comunidades de paisanos en moitos lugares do mundo. Coidar as segundas xeracións de galegos, e fomentar a súa Galeguidade, é a nosa obriga moral con eles e cos seus pais e avós, pero tamén co futuro da nosa terra”.

Coa mocidade
Antes de participar na multitudinaria celebración popular de onte nas instalacións que o Centro Galego de México posúe no Canal de Chalco, en Iztapalapa, nas aforas do Distrito Federal, Rueda e Miranda entrevistáronse coa directiva da entidade, visitaron as instalacións da sede central na capital, e tiveron oportunidade de manter un encontro coa mocidade que participa nas actividades da mesma.

Segundo Rueda “este encontro serviu para comprobar a boa saúde da Galeguidade na cidade máis poboada de América. Que a mocidade galega de México senta ese activo compromiso coas súas orixes, amose ese orgullo polas raíces dos seus pais e avós, é unha oportunidade impagable para abrir, aínda máis, Galicia ao mundo, para aumentar a presenza da nosa cultura, e da nosa economía, nun mundo cada vez máis globalizado”.

2719 lecturas