José Antonio Otero Hermida, reelixido presidente do Centro Galego de Santander

Na imaxe, o presidente do Centro Galego da capital cántabra
Na imaxe, o presidente do Centro Galego da capital cántabra
Listen to this page using ReadSpeaker
Santander, 2 de abril de 2016.

Durante o pasado mes de marzo tivo lugar o proceso electoral no Centro Galego de Santander, ao cal concorreron dúas candidaturas.

De acordo co Certificado da Mesa Electoral, o día da Asemblea Xeral Extraordinaria do 16 de marzo de 2016 tivo lugar a votación, quedando proclamada a candidatura presidida por José Antonio Otero Hermida.

O día 21 de marzo de 2016, e de acordo cos estatutos vixentes, tomou posesión a nova Xunta Directiva integrada polas e polos membros da  devandita candidatura que deseguido se relacionan: Clemente González Ojea, Olga Babarro Ferreiro, Mª Carmen Elena Rivas Vázquez, Germán Araújo Rodríguez, Mª Josefa Rodríguez Rozas, Alejandro Llano Pallarés, Jose Raúl Santiago Vasco, Jesús Ferreño Naveira, Delia de los Ángeles Laguillo Gonzalez, Roberto del Rivero Garcia, Arturo José González Mota e Julián Gonzalez Sierra. 

 

Fonte e foto: Centro Galego de Santander

925 lecturas