Escolas Abertas presenciais 2016

Listen to this page using ReadSpeaker
4075 lecturas
Información e formularios de inscrición.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 2 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca o programa de Escolas abertas presenciais destinadas ás comunidades galegas e persoas galegas residentes fóra de Galicia para o ano 2016.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
12.02.2016
Estado: 
Procedemento pechado

Modalidades:

  • Gaita tradicional galega
  • Baile tradicional galego
  • Percusión tradicional galega
  • Canto popular e pandeireta
  • Confección de traxe tradicional galego

Destinatarios/as:

  • Persoas Xurídicas (Entidades galegas)
    • Poderán ser beneficiarias as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade. Igualmente, poderán ser beneficiarias as entidades recoñecidas pola normativa anterior á dita lei.
    • As entidades solicitantes deberán ter constituídas escolas ou grupos consolidados da especialidade que soliciten, con actividade continuada, cando menos, nos dous últimos anos. Tamén poderán solicitar aquelas que, non cumprindo o establecido no parágrafo anterior, tiveran grupos constituídos nos últimos dez anos e estean no seu proceso de recuperación.
    • Para solicitar o obradoiro de confección de traxe tradicional galego, a entidade galega deberá ter grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido como mínimo durante catro anos.
    • As persoas propostas deben ser maiores de 18 anos e menores de 65 e responsables de impartir a docencia na modalidade solicitada, dentro da entidade solicitante.
    • As persoas propostas pola entidade non poderán ter participado no Programa Escolas Abertas máis de dúas veces nos últimos catro anos, en calquera modalidade. Se así fose quedarán excluídas.
  • Persoas Físicas (particulares)
    • Reservaranse un total de 4 prazas nos obradoiros de gaita, baile, percusión e canto popular e pandeireta, para a participación a nivel individual de aqueles/as cidadáns/ás galegos/as e os/as seus/súas descendentes ata o segundo grado de consanguinidade, maiores de 18 anos e menores de 65, residentes fóra de Galicia, que acrediten ser responsables de impartir docencia na modalidade que soliciten, así como un nivel suficiente de coñecemento para participar neles, segundo os criterios de valoración establecidos na resolución. 

Documentación

  1. Persoas xurídicas

    a) Solicitude segundo o modelo normalizado (Anexos I e II), no que deberán indicarse os obradoiros nos que se quere participar e as persoas propostas.

    b) Fotocopia do NIF ou equivalente.

    c) Fotocopia do  DNI ou equivalente das persoas propostas.

    d) Unha fotografía recente tamaño carné de cada aspirante.

    e) Breve currículo de cada aspirante con especial referencia aos coñecementos, títulos, experiencia, etc. na materia obxecto do obradoiro.

    f) Para os obradoiros de gaita, baile, canto popular e pandeireta e percusión, unha gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...) que non exceda os 4 minutos. A gravación remitida deberá ser solista.

    g) No caso do obradoiro de confección de traxe tradicional galego, a entidade galega deberá presentar certificación de ter grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido como mínimo durante catro anos (Anexo III)

    h) Unha declaración do/a aspirante comprometéndose a investir os coñecementos adquiridos no seo da entidade.

    i) Certificación da entidade que acredite o número de alumnos/as que compoñen a escola ou grupo de baile, gaita ou canto e percusión co que conta a entidade galega solicitante (Anexo IV).

  2. Persoas físicas

a) Solicitude segundo  o modelo normalizado (Anexo V), na que deberá indicarse os obradoiros nos que se quere participar.

b) Fotocopia do DNI ou equivalente.

c) Unha fotografía recente tamaño carné.

d) Breve currículo artístico do/a aspirante: nivel de estudos musicais realizados, actuacións, número de alumnos/as aos/ás que imparte clases, gravacións...

e) Para os obradoiros de gaita, baile, canto popular e pandeireta e percusión, una gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...) que non exceda os 4 minutos. A gravación remitida deberá ser solista.

f) Documentación acreditativa de que a persoa solicitante imparte docencia na modalidade de obradoiro solicitado.

g) Documentación xustificativa que acredite a  súa condición de galego/a ou descendente de galego/a ata o segundo grao de consanguinidade.

h) Documentación que acredite a súa residencia fóra de Galicia.

FORMULARIOS DE CUMPRIMENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

Documentación para descargar:

Información:
Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral da Emigración e das Comunidades Galegas
Servizo de Programas Socio-Asistenciais
Basquiños, 2 – 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.es
Tlfno.:(+34) 981 54 58 82 / 981 95 73 53
Fax: (+ 34) 981 54 72 95

Lugar de presentación da documentación:
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Igualmente se poderán presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Buenos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia da entidade solicitante.

Os modelos normalizados de solicitude poderán obterse nas páxinas web https://sede.xunta.es e http://emigracion.xunta.gal.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
12.03.2016