Feijóo destaca e agradece o apoio das comunidades galegas no exterior á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade
O presidente da Xunta clausurou este mediodía o encontro anual da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.
Anima aos galegos e ás galegas do exterior a seguir sendo embaixadores “dunha terra orgullosa de ser o que é, e que se fai escoitar nun século complexo”.
Lembra que a cidade de Compostela, o Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules xa son recoñecidos pola UNESCO e reivindica a Ribeira Sacra como un lugar onde a pegada da natureza e a dos homes e mulleres acada unha insuperable harmonía.
Asevera que o románico é un estilo que vertebra Europa e condensa a devoción que sentiron as e os europeos dos lugares máis distantes. “Mediante o románico, Galicia entra en Europa e Europa entra en Galicia”, di.
Incide na aposta pola unión entre as entidades da diáspora, “sabedores como sodes e como somos de que na medida en que unades as vosas forzas sairedes máis reforzadas”.
- O presidente da Xunta de Galicia, durante o acto institucional de apoio á declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, por parte da Galicia Exterior

- O presidente da Xunta de Galicia e membros da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, no acto institucional de apoio á declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, por parte da Galicia Exterior
- O presidente da Xunta clausurou este mediodía o encontro anual da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. Foto: Xoán Crespo

- Na imaxe de onte, as e os membros da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas xunto co secretario xeral da Emigración e os dous subdirectores xerais do departamento que dirixe Miranda
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou e agradeceu este mediodía, durante a clausura do encontro anual da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, o apoio de todas as comunidades galegas no exterior á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, reflectido nunha declaración elaborada pola dita comisión.
Logo de lembrar que a cidade de Compostela, o Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules xa son recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio Mundial, “fitos galegos que transcenden o seu ámbito xeográfico para representar valores universais”, Feijóo reivindicou a Ribeira Sacra como un lugar onde a pegada da natureza e a dos homes e mulleres acada unha insuperable harmonía.
Nesta liña, aseverou que o románico é un estilo que vertebra Europa e condensa a devoción que sentiron europeos e europeas dos lugares máis distantes. “Mediante o románico, Galicia entra en Europa e Europa entra en Galicia”, dixo, ao que engadiu que “xusto é que se oficialice unha condición que a Ribeira Sacra xa ostenta”.
Feijóo agradeceu o apoio “firme e unánime” dos galegos e das galegas do exterior á candidatura e animounos a seguir sendo embaixadores “dunha terra orgullosa de ser o que é, e que se fai escoitar nun século complexo”.
Durante a súa intervención, o titular do Executivo autonómico afirmou que as e os galegos do exterior son hoxe as mellores testemuñas dunha Galicia nova que soubo aprender as leccións da emigración. “Grazas a vós, contamos cunha experiencia que a maioría dos pobos non teñen. A emigración transmitiunos unha sabedoría impagable para lograr que Galicia estea presente na globalización. Grazas a vós, o galego do século XXI é alguén capaz de incorporar diferentes identidades e, polo tanto, capaz de entender outras culturas e ser entendido por elas”, incidiu.
Feijóo fixo fincapé tamén na aposta pola unión entre as entidades da diáspora, “sabedores como sodes e como somos de que na medida en que unades as vosas forzas sairedes máis reforzadas”.
O titular da Xunta concluíu a súa intervención lembrando o moito que enriquece a emigración galega os lugares de destino “e que nós tentamos agora corresponder –aseverou- cun investimento social no exterior que axude a todos os que o precisen”.
“Estades aquí representantes de comunidades galegas de América, Europa e España. Sabedes que non sodes estraños nas vosas terras de acollida. Ningún dos países ou rexións nas que vivides e traballades se entendería sen ese factor galego que representades. Vós e os vosos devanceiros achegastes traballo, cultura, e tamén trazos de carácter que xa forman parte da idiosincrasia local. En América representastes unha nova versión do Descubrimento na que non hai conquista senón un mutuo recoñecemento. En Europa tedes o gran mérito de serdes pioneiros do proceso de superación de fronteiras e creación dunha identidade europea común. En España, a vosa presenza en distintas comunidades reforza desde hai décadas a idea dunha nación común e diversa”, precisou.
Na reunión previa cos membros da Comisión, Feijóo tivo ocasión de intercambiar impresións sobre a posta en marcha do Rexistro de Comunidades Galegas, froito do desenvolvemento da nova Lei de galeguidade, e que se converte “nun instrumento vivo, aberto e continuo”, en palabras do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.
Asemade, o presidente da Xunta avaliou coa comisión o Proxecto de decreto de organización e funcionamento do Consello das Comunidades Galegas, e da súa relevancia como texto que dá forma legal e xurídica ás normas consuetudinarias coas que se viña rexendo o máximo órgano de representación da diáspora.
Na conclusión da reunión de traballo, celebrada xusto antes da declaración de apoio á Ribeira Sacra, Feijóo destacou o labor realizado polas e polos membros da Comisión, pois é a súa derradeira xuntanza na súa actual composición, xa que no próximo Consello de Comunidades este órgano colexiado será renovado.
A Comisión Delegada
Antes da clausura a cargo do presidente da Xunta, a Comisión Delegada fixou esta mañá os contidos para debate no plenario do Consello das Comunidades Galegas. Este órgano está formado por máis dun centenar de centros e casas de Galicia recoñecidas oficialmente en todo o mundo; e a undécima celebración do seu plenario terá lugar no último trimestre deste ano.
Durante o decurso desta, na xornada de onte, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, informou sobre o estado das liñas de actuación do seu departamento neste ano 2015, no que se teñen rexistrado importantes adiantos cronolóxicos na convocatoria e resolución das ordes de axuda e subvencións. E procedeuse, ademais, a expoñer o estado procedemental do Decreto polo que se aproba o regulamento e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, segundo dos decretos que desenvolve a nova Lei de galeguidade.
A Comisión é un órgano, que se reúne polo menos unha vez ao ano, no que delega, por votación, a súa representación o Consello de Comunidades Galegas. Forman parte da Comisión catro membros electos en representación dos centros e casas de Galicia en España, outros catro electos por aqueles con sede en Europa, e outros catro electos polos de América, máis os centros considerados ‘membros natos’, que son aqueles que superan os 50.000 asociados e asociadas.
Novas relacionadas