Seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación no programa “Conecta con Galicia” 2015 - Actividades de Aire Libre

Listen to this page using ReadSpeaker
3230 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listaxes de seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación en Actividades de Aire Libre (Resolución do 26 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 21 do 02-02-2015) como resultado da realización do sorteo público daquelas prazas cuxo número de solicitudes admitidas supera ao número de prazas convocadas para cada país, dentro do seu tramo de idade e tipo de financiamento.

De acordo co artigo 7.5 (paragrafo 5º) da convocatoria, as persoas interesadas que quixeran modificar as datas de retorno, disporán de 3 días hábiles para modificalas por escrito, tendo en conta que aqueles/as beneficiarios/as que desexen quedar en Galicia deben ter familiares nesta comunidade autónoma e presentado o anexo correspondente.

 

REUNIÓNS INFORMATIVAS:

NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:

  • Retorno 1: solicitantes que desexan regresar ao rematar a actividade
  • Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente 15 días coa súa familia en Galicia, logo de rematar a actividade
  • Retorno 3: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente un mes coa súa familia en Galicia, logo de rematar a actividade

As peticións de cambios de retorno teñen que presentalas a través de e-mail no enderezo de electrónico accion.social.emigracion@xunta.es ou entidadesgalegas@xunta.es facendo constar no escrito, no caso de quedarse en Galicia,o nome, enderezo e teléfono dos/as familiares cos que se queda.

Na listaxe de seleccionados/as indícase o país de procedencia do/a participante, os seus apelidos e nome, o tipo de financiamento co que participa, o retorno elixido e o a quenda na que participa.

 

Listados seleccionados/as Actividades de aire libre
PAÍS 14-17 anos 18-20 anos
Arxentina Descargar Descargar
Brasil Descargar Descargar
Cuba   Descargar
Uruguai Descargar Descargar
Venezuela Descargar Descargar
Resto de América (Perú) Descargar  

 

As reservas segundo o país, tramo de idade e financiamento expóñense a continuación ordenadas por número de reserva:

Listados de reservas en Actividades de aire libre
PAÍS 14-17 anos 18-20 anos
Arxentina Descargar Descargar
Brasil    
Cuba   Descargar
Uruguai Descargar  
Venezuela Descargar Descargar

 

Informacións complementarias de interese para as Actividades de aire libre:

Data de publicación: 
25.05.2015