Galicia Pórtico Universal en Burgos
Imaxes do "Galicia Pórtico Universal en Burgos" organizado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración co Centro Galego en Burgos. Ademais das aulas de catas gastronómicas para profesionais, demostracións en vivo da nosa artesanía, ou os actos do XXII Día de Galicia en Castela e León, as e os burgaleses que se pasaron pola Área expositiva de Galicia puideron coñecer máis sobre a cultura, o turismo e a calidade dos produtos da nosa terra.