A Xunta e o Goberno cubano buscan estreitar as súas relacións para favorecer o intercambio económico en sectores estratéxicos

O vicepresidente galego, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe na Habana co primeiro viceministro de Relacións Exteriores cubano, Marcelino Medina.

Rueda entregoulle dous memorandos que explican a ampla experiencia galega en sectores como o agroalimentario, a rehabilitación ou as enerxías renovables.

Abordouse a posibilidade de celebrar o vindeiro mes de setembro o Consello de Comunidades Galegas no Centro Galego da Habana, que está de centenario.

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o embaixador de España en Cuba, Juan Francisco Montalbán, mantiveron un encontro co primeiro viceministro de Relacións Exteriores cubano, Marcelino Medina
    O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o embaixador de España en Cuba, Juan Francisco Montalbán, mantiveron un encontro co primeiro viceministro de Relacións Exteriores cubano, Marcelino Medina

Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 13 de abril de 2015.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o embaixador de España en Cuba, Juan Francisco Montalbán, mantiveron hoxe un encontro co primeiro viceministro de Relacións Exteriores cubano, Marcelino Medina, no que lle expuxeron a súa pretensión de seguir consolidando as “magníficas” relacións entre Galicia e Cuba para favorecer o intercambio económico en sectores estratéxicos, nos que as e os galegos contan cunha ampla experiencia.

Rueda cualificou este encontro como moi frutífero e destacou a importancia a nivel económico e comercial de que as empresas galegas estean ben posicionadas agora que o país vive un “momento histórico” no proceso de actualización da súa economía. “Nos últimos anos a economía galega tense aberto ao exterior, pero agora ten que ter un impulso especial naqueles países nos que, como Cuba, estamos en situación de vantaxe, pola importante cantidade de galegos asentados aquí ao longo da súa historia”.

Por iso, entregoulle ao viceministro cubano dous memorandos nos que se explica a ampla experiencia e competitividade das empresas e institucións galegas en sectores estratéxicos como a xestión das recollida de lixos e o ciclo da auga; a rehabilitación; as enerxías alternativas ou o sector agroalimentario, este ultimo xa plantexado polo propio presidente Alberto Núñez Feijóo na súa visita anterior á illa caribeña, en decembro de 2013.

Rueda e o secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, atópanse de viaxe institucional en Cuba, onde onte mesmo mantiveron un encontro cos presidentes e presidentas das sociedades galegas na Habana e participaron na inauguración do festival `La Huella de España´, que este ano esta dedicado a Galicia, o que dá unha mostra do importante peso que o colectivo galego ten en Cuba.

Consello de Comunidades Galegas na Habana
Precisamente por esta enorme presenza de galegos no país, Rueda e o viceministro de Relacións Exteriores cubano, Marcelino Medina, abordaron tamén a posibilidade dunha futura visita do presidente da Xunta en setembro deste ano para celebrar na capital cubana o Consello de Comunidades Galegas. A idea é que este encontro sexa no Centro Galego da Habana, “en edifico emblemático e cun innegable simbolismo para a historia da emigración”, que este ano cumpre o seu centenario.

O vicepresidente da Xunta, en colaboración coa Embaixada española, seguirá a súa rolda de contactos con autoridades cubanas e esta mesma tarde ten previsto reunirse cos primeiros viceministros de Comercio Exterior e Cultura, Antonio Carricarte e Fernando Rojas, respectivamente. A súa axenda oficial rematará posteriormente, na inauguración da exposición “Memorias da peregrinación. Camiño de Santiago, primeiro itinerario cultural europeo”, na Basílica Menor do Convento San Francisco de Asís da Habana.

1259 lecturas