Apertura do prazo de actualización dos listados de persoas formadoras colaboradoras para impartiren obradoiros e seminarios fóra de Galicia durante o ano 2015

Listen to this page using ReadSpeaker
1220 lecturas
Información e formularios de inscrición.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 11 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listas de formadores colaboradores para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a inscrición de candidatos. (Modificada pola corrección de erros, publicada no DOG nº 43 do 01 de marzo).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
06.03.2015
Estado: 
Procedemento pechado

De acordo coa resolución do 11 de febreiro de 2013 (art. 12.) as listas de persoas formadoras colaboradoras serán actualizadas unha vez ao ano, mediante a presentación de novos méritos das persoas inscritas e de novas solicitudes de inscrición. A Secretaría Xeral da Emigración, no primeiro semestre de cada ano, publicará na páxina web http://emigracion.xunta.es a correspondente convocatoria.

Infórmase que ata o 18 de marzo (inclusive) deste ano, as persoas interesadas poderán presentar solicitudes de novas inscricións e de novos méritos das persoas inscritas, a efectos de baremar e actualizar as listas definitivas que se terán en conta para a programación dos obradoiros e seminarios que se realizaran durante o ano 2015.

Formularios de solicitude:
O modelo de solicitude poderá obterse na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración http://emigración.xunta.es

Outra documentación para descargar:

1. As solicitudes  presentaranse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario dispoñible na páxina web: http://emigración.xunta.es. Igualmente se poderán presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria. Deberá remitirse á Secretaría Xeral da Emigración, sita na Rúa Basquiños 2, 15704 Santiago de Compostela.

2. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración: http://emigracion.xunta.es.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
18.03.2015