A Xunta Electoral Central amplía ata o 24 de maio o prazo para que as e os emigrantes envíen o voto por correo aos consulados

Tamén se poderá remitir ata esa data o voto ás mesas electorais por parte dos españois e as españolas residentes temporalmente no estranxeiro. 

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2014.

A Xunta Electoral Central decidiu ampliar o prazo do voto por correo para as e os residentes no exterior inscritos no CERA e para os españois e españolas residentes temporalmente no exterior ata o próximo sábado 24 de maio, sempre que os devanditos votos cheguen antes do escrutinio, que se celebrará o mércores 28 de maio, debido ao atraso no envío das papeletas.

Con esta decisión as Xuntas Electorais Provinciais deberán admitir como válidos os votos dos electores inscritos no CERA e no ERTA e remitidos por correo aos respectivos Consulados sempre que conste que foron depositados nunha oficina postal do devandito Estado non máis tarde do día anterior ao da votación (24 de maio), e sempre que cheguen á Xunta Electoral Provincial antes da realización do escrutinio (non máis tarde das oito da mañá do mércores 28 de maio). As oficinas consulares deberán remitir de forma inmediata ás Xuntas Electorais Provinciais os sobres de votación.

 

Fonte: España Exterior

1075 lecturas