O Consello da Cultura Galega dixitaliza a relación de Francisco Fernández Del Riego con América

Dende os anos trinta, Francisco Fernández del Riego converteuse no principal informador da cultura e actualidade galegas para os colectivos da diáspora.

O especial, realizado co gallo do centenario do nacemento do polígrafo vigués, permite explorar case trescentos artigos que Fernández del Riego publicou en máis de vinte publicacións promovidas por sociedades de emigrantes en América.

O especial pode consultarse en www.consellodacultura.org/prensa

Tamén se conservan no Arquivo Sonoro de Galicia fragmentos dos seus discursos de homenaxe a senlleiras figuras galegas durante a súa visita a Bos Aires no 1954
Tamén se conservan no Arquivo Sonoro de Galicia fragmentos dos seus discursos de homenaxe a senlleiras figuras galegas durante a súa visita a Bos Aires no 1954
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2014.

Baixo o título Francisco Fernández del Riego. Correspondente para América, e empregando fondos do Arquivo da Emigración Galega e do Arquivo Sonoro de Galicia, o CCG publicou hoxe á mañá un contedor especial que recolle a traxectoria e impacto cultural de Francisco Fernández del Riego en América. O especial, realizado co gallo do centenario do nacemento do polígrafo vigués, permite explorar case trescentos artigos que Fernández del Riego publicou en máis de vinte publicacións promovidas por sociedades de emigrantes en América. O especial pode consultarse en www.consellodacultura.org/prensa/

Ademáis, Francisco Fernández del Riego. Correspondente para América incorpora unha liña do tempo que ilustra as relacións entre Del Riego e a diáspora, e no que se poden escoitar fragmentos dos seus discursos de homenaxe a senlleiras figuras galegas durante a visita especial que realizou a Bos Aires no ano de 1954, das que o CCG preserva gravacións no Arquivo Sonoro de Galicia.

A actividade xornalística de Del Riego nas revistas da emigración está marcada polo afán de informar sobre a actualidade cultural de Galicia, pero tamén de instruír e ensinar sobre as bases da cultura galega.

 

Fonte e foto: Consello da Cultura Galega

1010 lecturas