Unha nova Xunta Directiva tomou posesión na Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas

Tralo traspaso de poderes entre a corporación directiva entrante e a saínte, que presidirá Juan Suárez Lemos durante o período 2013-2015, celebrouse un acto protocolario no Teatro Rosalía de Castro da entidade.

  • Imaxe da sinatura das actas de traspaso de poderes entre as directivas entrante e saínte. Foto: Hermandad Gallega de Venezuela
    Imaxe da sinatura das actas de traspaso de poderes entre as directivas entrante e saínte. Foto: Hermandad Gallega de Venezuela
  • Imaxe da sinatura das actas de traspaso de poderes entre as directivas entrante e saínte. Foto: Hermandad Gallega de Venezuela
    Imaxe da sinatura das actas de traspaso de poderes entre as directivas entrante e saínte. Foto: Hermandad Gallega de Venezuela
  • Juan Suárez Lemos, novo presidente para o período 2013-2015, durante a súa alocución. Foto: Hermandad Gallega de Venezuela
    Juan Suárez Lemos, novo presidente para o período 2013-2015, durante a súa alocución. Foto: Hermandad Gallega de Venezuela
  • O presidente saínte, Antonio Piñón Martín, expresou o seu agradecemento a todas as persoas e agrupacións. Foto: HGV
    O presidente saínte, Antonio Piñón Martín, expresou o seu agradecemento a todas as persoas e agrupacións. Foto: HGV
  • O acto protocolario no Teatro Rosalía de Castro estivo presentado por Noemí Cendón. Foto: Hermandad Gallega de Venezuela
    O acto protocolario no Teatro Rosalía de Castro estivo presentado por Noemí Cendón. Foto: Hermandad Gallega de Venezuela
  • Imaxe dunha das actuacións dos grupos folklóricos da entidade que amenizaron o acto. Foto: Hermandad Gallega de Venezuela
    Imaxe dunha das actuacións dos grupos folklóricos da entidade que amenizaron o acto. Foto: Hermandad Gallega de Venezuela
  • Imaxe dunha das actuacións dos grupos folklóricos da entidade que amenizaron o acto. Foto: Hermandad Gallega de Venezuela
    Imaxe dunha das actuacións dos grupos folklóricos da entidade que amenizaron o acto. Foto: Hermandad Gallega de Venezuela
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas, 7 de xuño de 2013.

O pasado venres 31 de maio de 2013, asumiu funcións a nova Xunta Directiva da Herrmandad Gallega de Venezuela, para o período 2013-2015, que preside Juan Suárez Lemos.

Os actos de Toma de Posesión, iniciáronse na Sala de Reunións da Xunta Directiva, onde a saínte e a entrante, realizaron as sinaturas das actas e informes que formalizan o traspaso.

Posteriormente, dirixíronse ao Teatro Rosalía de Castro, lugar no que se desenvolveu o acto protocolario, conducido pola Lic. Noemí Cendón, quen ofreceu palabras de benvida a todas e todos os presentes. O evento comezou cunha interpretación do Grupo de Gaitas Celta e, seguidamente, o escenario Rosalía de Castro vibrou coas pezas, interpretadas polos Grupos de Danzas Lembranzas, Semente Nova, Eiras Nosas e Mestura, o Grupo de Pandeireteiras Novo Xeito e o Grupo de Gaitas Agarimo do Deza.

O acto continuou coa presentación dos directivos e as directivas que se despedían e palabras do presidente Antonio Piñón Martín, quen nun emotivo discurso expresou o seu agradecemento a todas as persoas e agrupacións.

Continuou a presentación da nova Xunta Directiva e a imposición de botóns de ouro da Hermandad Gallega ás e aos saíntes, para dar paso ás palabras do novo presidente da institución, Juan Suárez Lemos, quen tamén tivo elocuentes palabras de agradecemento polo apoio que se lle brindou para chegar á presidencia. Finalmente, celebrouse un brinde no Gran Salón da institución.

A nova Xunta Directiva da Irmandade Galega, está conformada por Juan Suárez Lemos, Presidente; Alberto Bello Couselo, Vicepresidente; María de los Ángeles Rodríguez Sarmiento, Secretaria Xeral; José Casas Iglesias, Tesoureiro; Alfredo Castro Fernández, Vicetesoureiro; Jhonny González Nogueira, Relacións Públicas; Carolina Sufuentes Bellico, Cultura; Marco Antonio Marcos Ramos, Deportes; José Luis Cerdeira Domínguez, Asistencia Social; María Estrella Salgado Vázquez, Admisión e Orde Social; Juan José Rey Rodríguez, Festas e Recreación, e José Ramón Ucha Fernández, Obras e Mantemento.

 

Fonte e fotos: Hermandad Gallega de Venezuela

1871 lecturas