Cultura e Educación lembra o importante traballo de Clotilde Iglesias como dinamizadora da cultura galega na Arxentina

Clotilde Iglesias, finada o pasado 1 de marzo, desempeñou un importante traballo de difusión cultural entre a comunidade galega de Bos Aires.

Cultura e Educación lembra o importante traballo de Clotilde Iglesias como dinamizadora da cultura galega na Arxentina
Cultura e Educación lembra o importante traballo de Clotilde Iglesias como dinamizadora da cultura galega na Arxentina
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2013.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, trasladoulle á familia de Clotilde Iglesias Ippólito o pésame polo pasamento desta destacada representante da cultura galega na Arxentina.

Filla dun dos principais actores galegos do século XX –Fernando Iglesias, “Tacholas”–, Clotilde Iglesias, falecida o pasado día 1 na capital arxentina, destacou como bailarina, docente e activista cultural no eido do galeguismo porteño, participando en distintas iniciativas e movementos asociativos como as Mocedades Galeguistas ou o Teatro Popular.

O conselleiro lembrou, na súa comunicación coa familia, a xenerosidade de Clotilde Iglesias con todas e todos os investigadores que quixeron achegarse ao traballo cultural realizado pola emigración galega en Bos Aires, destacando que “representa para nós un exemplo de como se pode amar e traballar por Galicia e pola nosa cultura desde o exterior.”

974 lecturas