Toda a información sobre as eleccións ao Parlamento de Galicia atópase na web eleccions2012.xunta.es

Tamén está dispoñible o telefono gratuíto 900 81 25 40 de información á cidadanía.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012.

Preto de 11.000 persoas visitaron a paxina web https://eleccions2012.xunta.es/, posta en marcha pola Xunta co motivo das vindeiras eleccións ao Parlamento galego e na que se ofrece toda a información sobre os comicios, á que os cidadáns e as cidadás tamén poden acceder a través do teléfono gratuíto  900 81 25 40 .

A páxina configúrase como unha ferramenta que facilita un coñecemento rápido e sinxelo de todos os aspectos esenciais relacionados coas eleccións ao Parlamento de Galicia, coma textos legais, candidaturas, procedementos de votación, calendario electoral, campaña institucional, bases de datos con resultados electorais das anteriores eleccións, enlaces de interese, de maneira que toda a información básica sobre o proceso estea accesible á cidadanía.

Na mesma liña, desenvolveuse e implantouse un servizo de información telefónica en materia electoral denominado “Teléfono do elector” que se atopará dispoñible ata o día inmediatamente anterior á xornada de reflexión a través do número  900 81 25 40  dando así cobertura ás necesidades de información por parte dos cidadáns no proceso electoral, e que será atendido en horario de 9.00 a 20.00 horas, de luns a venres.

O vindeiro 21 outubro traballarán 2.770 representantes da Administración, das cales o 64 por cento deles e delas disporán de terminais PDA o que facilitará a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de procesamento da información.

Despregarase un dispositivo PDA por cada tres mesas electorais, o que facilitará e axilizará o proceso de escrutinio, incrementa a calidade dos datos a transmitir ao introducir controis adicionais no mesmo punto de votación, e automatiza o envío de información.

Haberá dous centros de recollida de datos, na Cidade da Cultura e no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago. O da Cidade da Cultura recollerá os datos das provincias de Lugo e A Coruña, e o de San Caetano fará o mesmo cos datos das provincias de Ourense e Pontevedra. Ademais haberá 40 oficinas de incidencias, localizadas en toda a comunidade autónoma.

Con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia están convocados ás urnas un total de 2.696.566 electoras e electores galegos, das e dos cales 397.382 residen fóra de Galicia. Haberá un total de 4.028 mesas electorais, en 2.528 locais electorais repartidos nos 315 municipios galegos.

889 lecturas