A Secretaría Xeral da Emigración expresa o seu pesar polo falecemento en Bos Aires de Manuel Cordeiro Monteagudo

O traballo do recoñecido artista plástico galego estivo presente en moitas das entidades da colectividade no Río da Prata.

Listen to this page using ReadSpeaker

Manuel Cordeiro Monteagudo (A Coruña 1927 -Bos Aires 2012).A Secretaría Xeral da Emigración lamenta o pasamento na capital porteña do pintor, debuxante e escultor Manuel Cordeiro Monteagudo e expresa as súas condolencias, en nome da sociedade galega, á súa familia e persoas achegadas.

Datos biográficos
Manuel Cordeiro Monteagudo naceu na cidade de A Coruña o 19 de xaneiro de 1927. Cursou os seus estudios primarios na escola herculina e dende rapaz comezou a facer o seu nas carreiras pedestres. Foi así que alcanzou o grado de subcampeón fondista, representando a Galicia. E foi da man do Real Club Deportivo da Coruña que percorre gran parte de España. Xa en 1952 chega a Bos Aires como un galego máis en terras americanas. Lonxe da terra instálase nel unha forte morriña, pola que comeza a liberar as súas ideas artísticas, gañadas primeiramente na escola de Francisco Vales Villamarín. Foi na Arxentina onde comeza a súa máis importante tarefa nas áreas do debuxo e a pintura nos principais centros na colectividade galega. Tivo unha forte participación nas Mocedades Galleguistas, e foi fundador do coro Brétemas e Raiolas. No ano 1956, representou ao Centro Coruñés na Intersectorial Galega e no Congreso da Emigración de América. Tamén foi uns dos fundadores do Conxunto Artístico Breogán. No seu carácter de debuxante e pintor de arte fixo moitas exposicións en Galicia, e tamén no Centro Coruñés de Montevideo, o Centro Lucense, Coruñés, Ourensano e Pontevedrés de Bos Aires, Hogar Gallego para Ancianos, e no Centro Galicia e Galego porteños. A maioría dos centros galegos da Arxentina mostran nas súas presentacións o traballo de Manuel Cordeiro Monteagudo, grazas ao traballo feita nos estandartes das distintas entidades.

 

Foto: Blog Manuel Cordeiro

812 lecturas