Pleno do Consello de Comunidades Galegas

Consello de Comunidades Gallegas

O Pleno do Consello de Comunidades Galegas está composto por todas as persoas que compoñen o Consello de Comunidades Galegas, e reúnese en sesións ordinarias cada tres anos. Son funcións do Pleno:

  • Deliberar sobre os asuntos contidos na orde do día da convocatoria e, en particular, sobre os informes, os estudos e as propostas que sexan sometidos ao seu exame e consideración
  • Establecer os criterios xerais a que se terá que suxeitar a actuación da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas durante o período do seu mandato
  • Aprobar as correspondentes memorias anuais elaboradas pola Comisión Delegada, nas cales se dá conta da aplicación efectiva da Lei 7/2013, do 13 de xuño, e propoñer á Xunta de Galicia as medidas convenientes para o mellor cumprimento dos seus fins
  • Elaborar e presentar informes, propostas e recomendacións en materia de emigración e de galeguidade á Comunidade Autónoma de Galicia, a través do/da seu/súa presidente/a
  • Ser informado das disposicións normativas que en materia de emigración e de galeguidade desenvolvan as diferentes administracións
  • Calquera outra función que lle poida corresponder conforme Lei 7/2013, do 13 de xuño, e a normativa de desenvolvemento e que non estea expresamente atribuída a outros órganos

Poderán incorporarse ás sesións do Pleno, con voz pero sen voto, as persoas que a Presidencia xulgue oportuno que asistan pola súa relevancia nas materias que se vaian tratar.

A  última reunión tivo lugar os días 27 e 28 de maio de 2016 na Habana.