Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia

Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia
Título: 
Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia
Autor: 
Manuel Castiñeira, V. e Martín García, C. A.
Ano publicación: 
1999
Idioma: 
Galego
Editorial: 
Xunta de Galicia
ISBN: 
84-453-2396-2

"Tras un longo día de viaxe parecía que seguiamos estando en Galicia, non polas condicións físico-climáticas -fomos en inverno austral- senón pola extraordinaria e calorosa acollida dos membros da colectividade galega alí residente,". Así relatan os autores deste traballo a súa chegada a Comodoro Rivadavia para, a través dunha bolsa de estudos, realizar unha estanza na Universidade Nacional da Patagonia.

Isto, unido á contribución decisiva e o ánimo mostrado pola directiva do centro galego de Comodoro Rivadavia, moi interesado nun proxecto que dese a coñecer a Galicia unha realidade ignorada pola gran maioría da cidadanía galega, animou estes dous novos autores a realizar un traballo que mostrase o periplo vital destes e destas emigrantes, dende a saída de Galicia ata a chegada á Patagonia, pasando pola súa experiencia comodorense -que en moitos casos resultaría definitiva- e sen obviar a posibilidade do retorno, de menor importancia que noutros exemplos migratorios coñecidos como quedou mostrado nas entrevistas orais que tiveron a ocasión de realizar, para o cal compulsaron e elaboraron moitos datos relativos á emigración chegada á Patagonia, obtendo así unha visión comparativa no seo xeral da emigración galega.

1864 lecturas