Lois Tobío Fernández

Lois Tobío Fernández

Naceu o 13 de xuño de 1906 en Viveiro (Lugo). Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e no ano 1923 figurou entre os fundadores do Seminario de Estudos Galegos, colaborando con diversos artigos.

Redactor, con Ricardo Carvalho Calero e Alexandre Bóveda, do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de 1931, Tobío participou, xunto a Castelao, na creación do Partido Galeguista. En 1932 ingresou na carreira diplomática. Na diáspora republicana, ideou a creación do Consello de Galiza. Iniciou o seu exilio en Nova York e de aí pasou a Cuba, onde fundou a Escola Libre da Habana; posteriormente, marchou a México, e por último ao Uruguai, onde residiu até 1963, ano en que se instalou en Madrid. Colaborador activo na revista Galicia Emigrante, que dirixía Luís Seoane, algúns dos seus artigos apareceron publicados en varias revistas.

Faleceu en Madrid o 13 de marzo de 2003.

Vídeo da entrevista: 
2516 lecturas