Oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas

A Fundación Galicia Europa (FGE) é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas entidades públicas e privadas galegas, a Fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.
 

Oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas

Os obxectivos da FGE  son: defender os intereses de Galicia perante a UE; informar sobre a Unión Europea en Galicia; formar e sensibilizar sobre Europa en Galicia; e promover a participación galega en proxectos europeos. Conta con dúas oficinas: unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas, formando parte esta última das preto de 300 representacións rexionais establecidas na capital comunitaria.
Enderezo:
Rue de la Loi / Wetstraat 38 - 2°, bte. 2
1040 Bruxelles / Brussel
Bélxica

Teléfono: +32 (0) 27355440

Fax: +32 (0) 27354678

Correo-e: bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu