O Circulo Social y Cultural Valle Miñor pon en marcha unha radio en Internet.

Trátase da primeira institución galega en Arxentina en ter unha radio on-line.

Listen to this page using ReadSpeaker
28 de xaneiro de 2011.

O Club Circulo Social y Cultural Valle Miñor, de Bos Aires, acaba de inaugurar na súa páxina web unha radio on-line, que se pode escoitar en calquera parte do mundo. Segundo os membros da agrupación, trátase da primeira radio en liña lanzada ao aire por unha institución galega en Arxentina.

Actualmente pódese escoitar a programación os venres ás 20 horas, cun programa musical, informativos, noticias sobre Arxentina, sobre a historia e cultura galegas e tamén sobre a historia do Val Miñor. Para acceder á radio abonda entrar na páxina www.valminior.com.ar e facer "clic" en Radio Dixital.

O Circulo Social y Cultural Valle Miñor de Bos Aires creouse na década dos anos 20 por un grupo de emigrantes miñoranos afincados na capital arxentina.

1839 lecturas