Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires

A creación da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires foi aprobada polo Consello da Xunta no mes de xullo do 2007, mediante un decreto que fixa entre as súas funcións defender e garantir en Arxentina unha presenza institucionalizada do Goberno de Galicia, da súa cultura, da súa lingua, da súa economía e da cooperación exterior.

Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires

Esta oficina terá catro áreas de actuación básicas: a atención á cidadanía galega, a promoción da lingua e da cultura, a promoción e as relacións económicas e a cooperación ao desenvolvemento, contribuíndo a reforzar así a presenza internacional da Comunidade Autónoma.
Enderezo:
Bartolomé Mitre 2550
Cidade Autónoma de Bos Aires, C1039AAP
Arxentina

Teléfono: +54 11 4952 4989

Fax: +54 11 4952 7887

Correo-e: delegacion.buenosaires@xunta.es

Delegado: Alejandro Roberto López Dobarro