Neira Vilas presenta o seu libro de recordos «Presenza galega en Cuba».

O traballo é froito de dúas décadas recollendo testemuños de emigrantes galegos que vivían na illa.

Listen to this page using ReadSpeaker
11 de agosto de 2010.

O autor de obras como Memorias dun neno labrego e membro da Real Academia Galega, Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928), presentou esta semana a súa última publicación, Presenza galega en Cuba, na feira do libro que tivo lugar na illa centroamericana. O traballo é froito de dúas décadas recollendo testemuños de emigrantes galegos que vivían na illa, onde tamén residiu Vilas entre os anos 60 e os 90.

O fenómeno da emigración galega está moi presente na vida profesional do escritor, que pasou gran parte da súa vida fóra de Galicia. No ano de 1954 chegou a ser codirector do xornal voceiro das Mocedades Galeguistas de Bos Aires, o Adiante. Tamén foron moitos os articulos sobre o tema publicados por Vilas na prensa de fala hispana.

O período en que publicou nos medios de Arxentina, México e Cuba, ademais do seu traballo como redactor-xefe na revista infantil Zunzún, son algunhas das experiencias que Neira Vilas conta en Presenza galega en Cuba. Nas súas investigacións para escribir o libro, Neira Vilas tamén tivo contacto con emigrantes que traballaban como obreiros e artesáns das cidades cubanas, os campesiños das plantacións de azucar, os cultivadores de café das montañas e os mariñeros que ariesgaban as súas vidas no Golfo do México.

Neira Vilas volveu a Galicia e actualmente reside na súa casa natal en Gres, residencia que foi convertida na sede da fundación que leva o seu nome.

2208 lecturas